(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio
No mes de maio estaban de aniversario VALENTINA e ANTÍA, nas aulas de infantil. Como sempre, despois de ir "controlando" cando chegaban as datas (nos nosos calendarios online), preparamos a camiseta de agasallo e a coroa de homenaxeadas.
Cando finalmente chegou o último vernes do mes, celebramos unha pequena celebración para homenaxear a ambas. Non a festa coa tarta feita por nós, que facíamos antes da COVID-19, pero isto non impediu que soprásemos as nosas candeas nunha tarta de mentira.
Agardamos que o vindeiro curso poidamos celebrar os aniversarios como tanto nos gusta.