Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Aprendemos as rutinas e poñémonos artistas

Xa estamos de volta! Parece que pouco a pouco imos avanzando en canto as rutinas e as distintas actividades e xogos que levamos a cabo na aula. De feito, esta semana estamos especialmente artistas e, como ben saberedes os pais e nais que vichedes como chegaron os nenos e nenas a casa, esta semana usamos moito o pincel e a tempera. Pero a maiores, tamén fixemos moitas cousas máis, ahí vai un resumo:

As nosas primeiras obras de arte

O mércores da semana pasada comezamos a traballar con pincel, acuarela, cartulinas... e incluso follas de revista para os artistas que quedábanlle cortas as cartulinas! Divertímonos moito, manchámonos moito, e levamos unhas obras de arte a casa dignas dos mellores museos.

Xogamos con follas de árbore coa profe Zaira

Pero o pincel no só o usamos para pintar, nunha das visitas da profe Zaira fixemos unha actividade moi chula na que tamén traballamos cos pinceis e con cola. Pero non so iso, tamén estivemos a romper follas en anaquiños moi pequeniños para traballar a motricidade, pero tamén para facer unha actividade moi divertida da que pronto mostraremos os resultados.

Preparamos o regalo de cumpreanos de Diego

Como xa usamos moito o pincel, decidimos que xa é momento de manchar as mans o poñernos aínda máis creativos. Si, quedamos manchados de pintura ata as orellas, pero a ocasión o merecía. Dita ocasión é o cumpreanos de Diego que, aínda que foi antes de empezar o colexio, imos celebrar nos próximos días. E para que Diego non olvide un cumpreanos tan especial como o dos catro anos, imos regalarlle unha camiseta moi colorida que fixemos con moito cariño.

Coñecemos a tristeza

Continuando co noso traballo sobre as emocións, esta semana coñecemos a unha nova amiga: Tristeza. Tristeza non sempre é moi querida pola xente, pero é moi importante non só coñecela, senón identificar as situacións nas que nos acompaña e aprender a identificala nos demais. Para axudarnos, esta semana engadimos ao noso mural das emocións as fotos coas nosas caras máis tristes, que como comprobamos son ben distintas das que temos cando estamos alegres.

E isto é todo por esta semana! Pouquiño a pouco imos adaptándonos ao novo grupo, ao novo profe e as rutinas que nos van a acompañar ao longo do curso. E o que é máis importante, o facemos disfrutando do tempo que estamos no cole.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.