Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: os do mes de setembro.

Como aínda continuamos coas normas do protocolo COVID-19, non podemos celebrar os aniversarios como o facíamos en cursos anteriores, facendo unha tarta e convidando ós compañeiros e compañeiras.

Aínda así puidemos celebrar os primeiros aniversarios, os do mes de setembro, sen festa pero con agasallos para os homenaxeados e soprando as candeas.

Entre todos e todas decoramos unha camiseta personalizada, de agasallo para os dous homenxeados: CARLOTA e DIEGO.

                  

Coa corona de aniversario decorada xa estabamos listos para celebrar os aniversarios.

         

O día que tiñamos fixado no noso calendario online, celebramos os aniversarios, soprando as candeas nunha "tarta de mentira" pero respectando as normas do protocolo COVID-19.

      

Así sorpou DIEGO as súas candeas, despois de cantarlle o "cumpreaños feliz".

      

CARLOTA tamén soprou as súas, despois de que lle cantaramos o "parabéns para ti".

      

Temos que agardar ata que remate o mes de outubro para voltar a celebrar os aniversarios dese mes. 

Agardamos moi pronto poder voltar a celebralos como o viñamos facendo.

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.