Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) Polo Samaín creamos unha casiña de cocholate “xigante” e participamos nos obradoiros do centro

Cando comezou o mes de outubro, sinalamos nos nosos calendarios online unha data das máis agardadas, a festa do Samaín. Para explicarlle en que consistía, ós novos compañeiros e compañeiras deste ano, miramos na web do centro como o celebraramos en cursos anteriores.

    

Alí puidemos ver que nunha ocasión puxeramos no corredor unha cabaza xigante, na que podías entrar pola súa enorme boca; noutra ocasión creamos un castelo xigante polo que podías entrar pola súa porta.

Entre as propostas que xurdiron, a través dun diálogo en gran gurpo, apareceu a de crear unha "casiña de chocolate" xigante cunha bruxa, para decorar a corredor no Samaín. Encantounos a idea e comezamos a organizar todo material e o traballo que sería necesario.

Primeiro pintamos a bruxa que vixilaría a casa.

        

Para continuar "construíndo" a casiña de chocolate xigante.

      

Pouco a pouco, coa colaboración de todos e todas a casa de "chocolate", vixiada pola bruxa, foi tomando forma.

    

Así estaba, casi lista para ser colgada no corredor.

     

Dentro da casa, no resto do corredor, estaría decorada de caramelos e morcegos, feitos tamén por nós.

   

    

Xa estaba todo listo, pero aínda faltaba "as portas" polas que puidesemos entrar.

     

Cuns sacos negros quedou solucionado. Agora podíamos entrar e saír pola porta grande, ou pola pequena.

Adiviñades cal nos gusta usar máis?

      

E por fin chegou o día de celebrar o SAMAÍN, tal como o tiñamos sinalado no calendario online. Ese día viñemos todos e todas disfrazados, incluídos o profe PABLO e ÓSCAR, por suposto.

       

Colocamos as nosas fantásticas cabazas na exposición, onde por certo ocupamos a meirande parte da mesma.

     

Así quedou a exposición de cabazas xa completa, coas dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio:

         

Participamos nos diferentes obradoiros que estaban distribuidos por todo o centro:

      

No obradoiro de baile, fixémolo así de ben, seguindo a coreografía deseñada polo profe Paulo.

        

No fotomatón sacamos unhas fotos terroríficas. Cada un dos equipos tivo que poñerse dacordo para escoller que imaxe querían poñer de fondo, no lugar da tela verde.

        

Podes ver todas as que sacamos, facendo click nas seguintes imaxes.

       

No obradoiro de manualidades creamos unhas máscaras terroríficas.

         

Na biblioteca visualizamos varias curtametraxes e cancións de Samaín.

     

Rematados os obradoiros, participamos na votación das cabazas da exposición, elixindo a nosa favorita.

     

Finalmente, un compañeiro e unha compañeira de cada unha das dúas aulas de infantil, foron as máis votadas por todo o colexio e recibiron un agasallo.

           

Tamén houbo diplomas conmemorativos ás "cabazás máis orixinais", dos cales houbo moitos tamén en infantil.

    

Podes ver moitas máis fotografías, de como celebramos o Samaín en todo centro na galería fotográfica, na seguinte ligazón:

(2021-2022) ÁLBUM DE FOTOS - Obradoiros e celebración do Samaín

  

Teremos que agadar ata o curso que ben para voltar a celebrar a nosa "festa" favorita de todo o ano.

       

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.