Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) E tras un outubro terrorífico... Comeza novembro!

Hola a todos e todas! Xa estamos de volta cunha nova entrada do blog de Educación Infantil. Como puidechedes consultar en outras entradas, este mes dedicamos moito tempo a organizar a festa de Samaín. Pero iso non é todo o que fixemos, o mes é moi largo e tamén tivemos tempo de facer outras moitas cousas...

Pintamos con esponxas

Como os pais e nais de EI1 sabedes por como chegan os mandilóns a casa, gustanos xogar coas témperas cada vez que se presenta a ocasión. Pero esta vez non pintamos con pinceles, nin con as mans, nin con os dedos... estavez pintamos con esponxas! Foi moi divertido e xa estamos desexando repetir!

Preparamos os aniversarios de outubre

Este mes foi o cumple de Xose e Carlota, e por suposto tiñamos que prepararlles uns bos agasallos. Tal e como fixemos en setembro, decoramos as camisetas e as coroas para os homenaxeados. Pero esta vez non estivemos solos e solas, senón que a profe Marta tamén nos axudou a preparar estes agasallos con moito agarimo.

Continuamos traballando a lóxica-matemática

Como xa é habitual, tamén estivemos traballando a lóxica-matemática coa profe Zaira. Con paus de cores, cartas, puzles e xogos na pantalla dixital, rotamos para traballar en distintos tipos de actividades que permitan traballar tamén distintas habilidades.

Máis efemérides, emocións e estiróns

Outras das actividades que continuamos, son tanto o calendario de efemérides como o mural das emocións. No calendario celebramos sucesos tan diversos como o nacemento de Hilma Af Klint, o lanzamento da sonda Venera 9... e por outra parte, aprendemos máis cousas sobre medo (aproveitando que estamos nun mes tan terrorífico). E como non, agora que xa vai máis de un mes dende que empezou o cole, medimonos outra vez para ver canto medramos dende setembro.

Visitamos a biblioteca

Por último, con motivo do Día da Biblioteca (24 de outubro), fixemos unha visita a biblioteca. Alí esperábanos Cruz, que ademais de contarnos un conto terrorífico, fixo con nós decoración de Samaín. Esta foi a nosa primeira excursión, e o certo é que como o pasamos moi ben, seguro que volvemos por alí a dar unha visita e a ollear eses libros tan chulos que teñen.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.