Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2009-2010) ¿Queres ver a nosa árbore xigante do outono?

Un día no patio descubrimos que a nosa árbore, á que en cursos anteriores lle fixeramos fotos, estaba comezando a ter follas no chan.

Algúns comentaron que xa era o magosto, e por iso era de cor marrón, pero só eran marróns as do chan (abaixo), as que estaban nas árbores eran aínda verdes (arriba) 

Como había tantas pensamos en levalas para clase e facer alí unha árbore xigante.

Alí tamén descubrimos un paxaro morto no chan, e outros voando xuntos "como se escaparan". ¿Que estaba a suceder?, xa o contaremos outro día, cando rematemos a nosa investigación que comezamos sobre os paxaros.

 

Primeiro fixemos unha lista do material que necesitabamos para facer a árbore xigante.

Cando xa tiñamos o papel, descubrimos que era moi longo e sobraba na parede. ¿como podiamos saber por onde cortar o papel?. Despois de tentar varias "teorías", ó final decidimos empregar un metro.

 

Cortamos o papel pola marca feita co metro, xa tiñamos a medida xunta que necesitabamos.

 

Puxémonos mans á obra para pintar a árbore, o tronco sería de cor marrón, igual que os que tiñamos no patio.

 

Chegou o turno de recortalo, ata os de tres anos (con axuda dos maiores) foron capaces de cortar unha parte da árbore.

 

Co tronco xa pegado na parede, chegou o turno de pegar as follas. Despois de falar entre todos sobre onde colocar as de cor marrón e onde colocar as verdes, lembramos que as marróns estaban abaixo (no chan) e as verdes arriba (na copa)

 

Así quedou a nosa árbore rematada

 

Como nos sobrara papel por equipos fixemos nubes e un sol, e algúns paxaros, que xa vos contaremos a onde van cando rematemos "de investigar o misterio".

 

¿Onde marcharon os paxaros? ¿Por que marcharon?... moi pronto vos contaremos os resultados da nosa investigación (proxecto de traballo)

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.