Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Chegou o Nadal a infantil: así o celebramos e participamos no festival do colexio. Queres ver a nosa actuación?

Coa chegada do Nadal comezamos a preparar unha das celebracións que máis nos gustan. Decoramos o corredor, creamos unha árbore de Nadal, organizamos a nosa participación no Festival do colexio... e moito máis.

De seguido poderás coñecer, máis polo miudo, todo o que sucedeu nas aulas de Infantil ó longo destas semanas previas ó Nadal.

    

DECORAMOS O CORREDOR:

Decoramos o corredor con adobíos feitos por equipos, que tiveron que poñerse dacordo para decidir tanto cal querían facer, como pintalos xuntos e decoralos.

 

     

Dentro de cada un dos adornos xigantes incluímos unha foto de cada equipo, convertidos en Santa Claus. Así de ben quedaron todos e todas:

   

Con tódolos adornos rematados fomos decorando o corredor:

 

   

Tamén colgamos as cadenetas que fixeramos coa profe Zaira, facendo series de macarróns pintados de cores.

 

         

Cun cartel de "BO NADAL", que tivemos que poñer ordenando as letras na orde correcta, quedou rematada esta parte da decoración.  

        

ASÍ FIXEMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL:

Elaboramos os adornos para a árbore xigante que puxemos no corredor: unhas bolas con estrelas brillantes.

    

Así quedou unha vez rematado. Ata tiña luces e todo!

    

Ensaiamos e preparamos as nosas ACTUACIÓNS PARA O FESTIVAL DE NADAL:

No Festival de Nadal on-line que se organizaría no colexio, iamos participar cunha obra de teatro. 

Puxémonos mans á obra para preparar todo o material, vestiario e atrezzo que iamos precisar.

 

   

Repartimos os papeis, e fixemos varios ensaios ata que todo estivo listo para a gravación:

   

Gravamos a nosa obra de teatro, para incluíla no Festival de Nadal online, xunto coas actuacións dos restantes compañeiros e compañeiras do colexio. 

    

    

Uns úlitmos retoques de montaxe e edición e xa estaba todo listo. 

     

O último día do trimestre, antes das vacacións de Nadal visualizamos Festival de Nadal completo, incluída a nosa obra "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza na noite de Nadal" (incluído o baile das cacas) ;)

      

Xa podes ver as nosas actuacións no Festival de Nadal online, que un curso máis, por mor da COVID-19 non puido contar coa presenza física das familias. Podes ver as nosas actuacións ó comezo do mesmo:

       

   

CREAMOS E ENVÍAMOS POSTAIS ÁS NOSAS CASAS:

Creamos unhas postais de Nadal, con forma de árbore, para enviar ás nosas casas por correo. Seguro que cando cheguen serán unha sorpresa para as nosas familias.

  

Coas postais xa dentro dos sobres, e cos nosos enderezos escritos neles, estaba todo listo para levalas ó buzón de correos. Eso si non podíamos esquecernos de pegarlle os selos.

     

Fomos camiñando ata o buzón que estaba preto do colexio, para metelas dentro.

   

Tamén escribimos as nosas cartas a Santa Claus, os Reis Magos e/ou ó apalpador.

     

Ó longo das semanas participamos no "calendario de Advento" organizado pola Biblioteca do centro. Respostamos á preguntas para ver ver si eramos un dos afortunados que levaba un premio.

 

     

O alumnado e profesorado de Educación infantil, queremos desexarvos:

FELICES FESTAS E UN MELLOR 2022

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.