Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) O experimento da ponte de cores

Novo mes, novo experimento. Esta vez traballamos a capilaridade a través dun experimento que non só é divertido, senón que ademais implica facer o que máis nos gusta... Mancharnos! Para facelo, como ben podedes ler na cartulina que prepararon Julia, Xose e Mario (responsables de grabar este experimento), necesitamos: papel, témperas, vasos e auga.

Preaparados e preparadas? Comezamos!

Despois de repasar o material que necesitamos para levar a cabo o experimento, fixemos unha visita ao noso almacén para ver que cores tiñamos, e cales queríamos utilizar para o experimento. Isto implicou poñernos de acordo entre os equipos, xa que a elección de cores é moi importante para o resultado.

A continuación, cheamos os nosos vasos de auga máis ou menos pola metade, xa que necesitabamos que o papel non estivera totalmente empapado para que o experimento funcionase.

O seguinte paso, foi mezclar a témpera coa auga. Utilizamos os pinceis a modo de culler, xa que tamén descubrimos que cando mezclamos témpera con auga as texturas tardan moito en mezclarse sen a nosa axuda.

Cando a mestura de pintura e auga estivo lista, o seguinte paso foi preparar as "pontes" entre os vasos, que fixemos con papel e amasando coas mans coma se fosen churros.

E xa para terminar, toca meter os churros de papel na auga! Cada neno e nena elixiu que dúas cores quería unir, o que implicou unha nova toma de decisións por parte de cada grupo. Unha vez feito isto, o que resta do experimento consistiu en observar como as cores "trepaban" polo papel.

E con isto, terminamos de presentar o experimento do mes. Dentro de moi pouco volveremos con máis experimentos, xa que estes científicos quedaron con ganas de máis! E recordade que se queredes ver o video do experimento, podedes facelo aquí.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.