Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Isto é o que fixemos en abril!

Hola a todos e todas! Como máis vale tarde que nunca, aquí estamos co noso habitual repaso a todo o que pasou en Infantil 1 no último mes. Xa estamos en abril, e aínda que tivemos un descanso pola Semana Santa no medio, o mes rendiu moito no que se refire as actividades que fixemos no cole!

Como xa vichedes, participamos nun roteiro pola natureza para celebrar o día da actividade física. Pero non foi tan doado como salir do colexio sen saber que atoparíamos polo camiño. Antes de comezar o roteiro, elaboramos o noso propio mapa do traxecto que pensamos seguir, marcando as paradas que queríamos facer e consultando cal era a distancia a recorrer. Non so o pasamos xenial, senón que aprendimos cousas novas acerca da contorna que nos rodea, ademais de rexistrar as distintas árbores que fomos atopando polo camiño.

Tamén elaboramos os boletíns de autoavaliación, onde recordamos todo o que fixemos no segundo trimestre. Un por un, e coa axuda do profe, escribimos e valoramos se nos gustaron ou non as actividades que levamos a cabo ao longo dos últimos meses.

Como xa comentamos cando falamos do roteiro pola natureza; durante o camiño observamos e sacamos fotos das distintas árbores que atopamos. Isto o fixemos porque, preto desa data, celebrouse o día da árbore. Como parte deste día tan importante, aprendimos a identificar as distintas árbores da nosa contorna, reflexionando sobre as súas distintas características.

Outro aspecto no que seguimos avanzando, é no lóxico-matemático. Como cada semana, a profe Zaira trouxonos a clase uns xogos super divertidos para traballar distintos aspectos como a orientación, o espazo, o conteo, a clasificación...

Outra actividade que xa manexamos perfectamente, e podese ver no ben que nos está quedando, é o diccionario. Como xa é habitual, primeiro traballamos no diccionario xigante cos compañeiros de Infantil 2, e logo o facemos pola nosa conta nos pequenos. Estamos a piques de acabar todas as letras, e tamén de levalo a casa para ensinar a de palabras novas que aprendimos este curso.

Unha nova tradición que inauguramos este mes, tamén é a dos xogos de conciencia fonolóxica, silábica e léxica. Deste xeito además de aprender as letras, tamén nos achegamos ao concepto de sílaba e palabra. Aprendendo a contalas, dividilas e por suposto, construir palabras.

En abril tamén tivemos festa, xa que a nosa compañeira Noa cumpliu 5 anos. E como non, para recordar esta data tan importante, fixemos unha camiseta e duas coroas (unha para Noa, e outra para o profe Pablo), coa axuda do profe Karl) para entregarlle como agasallo. Podedes ver máis fotos e videos da celebración aquí.

Pero non todas as actividades son as que traemos planeadas, algunhas delas van surxindo. Aquí temos un exemplo dun xogo que empezou cunha lupa que decidimos ter na aula, e que derivou en sair ao patio a buscar mostrar de herba, terra, follas... e demais elementos da natureza que hai no noso patio. Non so observamos con ela, senón que ademáis compartimos o que vimos, e reflexionamos sobre a importancia de coidar o espazo natural.

Outro tema que nos tivo ocupados, foi elaborar o agasallo do día da nai. Por sorte, este nenos e nenas están feitos uns artistas, e con un pouco de purpurina, auga, un bote, cartulinas e moitas cores; son capaces de facer cousas tan bonitas como o que vedes nas fotos.

E falando de pintura, tamén hai días que decidimos mancharnos de pintura ata as orellas, como foi o caso deste día no que o profe Karl ensinounos a pintar flores cos dedos. Non so tivemos como resultado unhas flores preciosas, que aproveitamos para decorar a aula, senón que ademais traballamos a movilidade das mans e a motricidade durante o proceso.

E por último, pero non menos importantes, continuamos coidando das nosas leitugas. Pero... non todo son alegrías. Tras unha derrota xogando a pedra, papel, tixeira cos compañeiros e compañeiras de Infantil 2; decidimos que a nosa primeira tanda de leitugas fose para as súas casas. Pero non pasa nada, porque xa temos máis leitugas plantadas, e esta vez si que si, tocanos levalas a nós! Xa só nos queda seguir regando e esperar a que estén tan grandes como a próxima vez.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.