Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Xa temos os nosos equipos cooperativos organizados. Queres coñecelos?

Por fin chegou o momento de organizar os primeiros "equipos cooperativos" deste curso, neles traballaremos en determinados momentos, para chegar a acordos de forma dialogada e así "acadar a tarefa proposta".

    

Cando cada quen soubo en que equipo lle correspondía estar, chegou o primeiro "encargo" para cada un deles: Chegar a un acordo do nome que tería o seu equipo. Todos e todas, dentro do equipo, tiñan que estar dacordo coa decisión tomada.

Despois dun "tempo de debate", nuns casos máis longo que noutro, este foi o acordo ó que chegou cada un deles.

   

Equipo "PERROS SALCHICHA".

   

Equipo "OVELLA".

       

Equipo "CABALO".

    

Tomada a importante decisión de saber como se chamaría cada quen, o seguinte foi acordar de cor pintarían o seu "penel de equipo". Unha vez feito, tiveron que acordar como poder pintalo entre todos e todas, coordinando os seus movementos, de xeito que todos e todas participasen no traballo.

      

Cos paneis xa secos, ao día seguinte, cando voltamos a organizarmos "en equipos", comezamos a completar cadanseu panel:

Pegando a foto: Cada equipo tivo que decidir quen se levantaría a collela, así como que farían con ela os restantes integrantes do mesmo. Sempre falando e chegando a un acordo.

   

Pegar o nome do equipo panel: Escollendo o que se correspondía entre os que había dispoñibles. Acordando como ir organizando no espazo dispoñible, todos os elementos a incluír no panel.

         

Escribir, buscar e imprimir unha imaxe "representativa do equipo": Usando o panel como referencia, non foi dificil escribir correctamente a palabra, para atopar imaxes onde escoller. 

O que non resultou tan "doado", foi escoller, de forma acordada, que imaxe quería cada equipo ;)

 

          

Coas imaxes pegadas nos paneis, quedaron listos para usalos no taboleiro de "avaliación figuroanalóxica".

   

Velaquí podde ver como quedaron, unha vez rematados, os paneis dos tres equipos. Cos nomes dos integrantes escritos no mesmo.

    

Rematado este primeiro traballo en equipo, chegou o momento de que cada un fixera a "auto-avaliación figuroanlóxica", escollendo de forma dialogada e acordad, que "icona pegar" nos diferentes apartados:

  • Traballamos todos
  • Chegamos a acordos falando
  • Recollemos o material
  • Rematamos a tempo.

     

A partir de agora, usaremos estes equipos para traballar en diferentes momentos, por exemplo nalgúns pasos das investigacións (proxectos de traballo), nos experimentos... 

Seguro que leredes sobre eles en futuras entradas publicadas neste blog.

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.