Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

Ao longo das xornadas, usando cadanseu carnet QR, levamos a cabo unha serie de rutinas nas que empregamos "aplicacións online", que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web.

Usando o Encerado Dixital Interactivo (EDI), coa web do colexio, cada día o encargado entra no recanto de infantil. Xa todos e todas sabemos como facelo.

   

Unha vez dentro, segundo o que vaiamos a facer, escollemos unha ou outra icona, que nos levarán as respectivas aplicacións

  

Para que coñezades como funcionan, contámosvos de seguido como empregamos estas tres aplicacións na aula.

   

Os nosos carnets QR:

Todos e todas temos os nosos carnets QR, que creamos ó comezo de cada curso. Ademais de sevirnos como modelo do noso nome, tamén nos permite acceder ás aplicacións que empregamos na aula.

      

Tan só temos que premer no botón correspondente da aplicación e pasar o código pola cámara, para que "suceda a maxia" e nos recoñeza.

  

Usamos o noso carnet tanto no calendario online, como no rexistro de libros da biblioteca de aula. Como xa vos comentamos antes, podes entrar en elas, así como no dicionario, desde o recanto de infantil.

      

Así usamos o "calendario online" para as rutinas do encargado:

En cada xornada temos un encargado, seguindo lista que temos na clase, é doado saber a quen lle toca, e canto tempo falta para que lles toque a cada un.

Porque ser o encargado é o máis importante que che pode pasar ;)

   

Cada mañá o encargado ou encargada, despois de ter accedido no recanto de infantil ao calendario, entra co seu carnet QR, para poder facer no mesmo as rutinas previas á asamblea: Ir tachando o día que toca, revisar que profes virán e que sucesos terán lugar ese día.

 

En ocasións, tamén temos que marcar determinadas datas sinaladas (aniversarios, celebracións, eventos especiais...). Deste xeito que podemos ir contando cantos días faltan para que cheguen a data.

Tamén marcamos cantos estamos na clase e cantos quedaron ese día na casa.

    

Anotamos o tempo metorolóxico que fai e a temperatura, que figura no noso termómetro da aula, para o que temos que introducir correctamente os números dos graos que sinala.  

     

Encántanos facer "tanteos", para ver quen adiviña o que vai gañando, na "carreira do tempo" cada mes; contando logo para comprobar quen acertou. Tamén observamos a gráfica das temperaturas, para ver se fai máis ou menos calor que o día anterior, e se vai subindo ou baixando.

   

O encargado completa o seu nome, ordenando as letras que aparecen todas mesturadas. Unha vez rematado contamos cantas letras ten e, se marca o número correcto, recibimos un aplauso.

    

Por último, o encargado fai un debuxo no que saia el mesmo, co que podemos ir observando como evoluciona a representación do seu esquema corporal. Sempre recibe consellos dos seus compañeiros e compañeiras para melloralo.

 

     

Encántanos premer o botón de imprimir, para poder levalo para casa, e revisar todos os que levamos feitos ata ese momento, na icona do ollo.

     

De cando en vez, comprobamos cantas veces faltamos cada un ao longo do mes. 

    

Despois da asamblea, tamén anotamos os mesmos datos nos nosos rexistros da parede, para poder telos a man ao longo da xornada.

      

   

Rexistrando os libros que levamos para casa, coa aplicación da "biblioteca online".

Os venres levamos para casa na nosa carpeta, un dos libros da biblioteca de aula. Todos eles teñen un número, que precisamos para "anotalo na aplicación online", e completar o rexistro en papel.

   

Por parellas, vamos introducindo o número do libro que escollemos na aplicación é usando cadanseu carnet QR, tal como se indicou anteriormente, rexistramos o libro que levamos. Unha vez feito xa podemos premer a icona para imprimir a portada.

   

Usamos esa portada impresa, unha vez recortada, para pegala e completar o noso rexistro en papel, onde anotamos segundo a idade, e respectando a hipótese lecto-escritora na que se atopen: o seu nome, o título do libro, o día, o número do libro...

  

Logo xa só queda metelo na carpeta e levalo para casa. 

Á volta, despois do fin de semana, rexistramos ben na mesma aplicación ou coa tablet (scaneando o código QR do libro), que o estamos a devolver.

    

    

Completamos o dicionario xigante, coa aplicación de "dicionario online"

Xunto aos compañeiros e compañeiras de EI1, completamos ó longo do curso un dicionario xigante, no que anotamos as nosas palabras favoritas con cada letra.

Despois de dicir palabras entre todos e todas, imprimímolas usando a aplicación do "dicionario online", para elo temos que escribilas correctamente co teclado. Obtemos unha fotografía grande e varias pequenas (segundo se acorde).

   

Pegamos a imaxe grande no dicionario xigante, escribindo debaixo a palabra.

   

Empregamos as pequenas, que temos que recortar, para pegalas no dicionario individual, que comezamos en 3 anos e rematamos en 5 anos, de xeito que podemos observar a nosa evolución e maduración lecto-escritora co paso do tempo.    

   

Para escribir as palabras, das imaxes que pegamos (segundo a idade), usamos o modelo que escribíramos antes no dicionario xigante.

     

As aplicacións online empregadas atópanse en www.recursoseducativos.net, web creada polo mestre de EI2, que están dispoñibles de forma gratuita, para seren empregadas por calquera que as precise na súa aula, xunto con moitas outras.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.