Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) - Creamos un arco da vella con auga e M&Ms: descubre como facelo no noso vídeo deste experimento científico

Esta semana comezamos a levar a cabo os experimentos científicos na nosa aula, cada mes faremos un diferente que vos explicaremos nun vídeo.

Nesta ocasión empregaríamos auga, un plato e "M&Ms".

Que sucedería cando os mesturásemos? Que podíamos facer con eles?... cada quen foi plantexando as súas hipóteses.   

   

Fomos seguindo os pasos do experimento, todos e todas xuntos e xuntas, e observamos que despois dun anaco agardando aparecia un arco da vella...

     

... e que por debaixo, os M&Ms estaban brancos. Que sucedera? Novamente plantexamos as nosas hipóteses do que pensabamos que tivera lugar.

  

Rematado o experimento "en gran grupo", chegaba o momento de confirmar se sucedía sempre o mesmo. 

Deste xeito, cada un dos tres equipos cooperativos, tras poñerse dacordo mediante o diálogo para repartirse as funcións; púxose mans á obra para tentar reproducir o mesmo experimento.

 

   

Todos e todas tiñan que participar dentro do equipo, para poder plasmalo logo na "auto-avaliación" figuroanalóxica. 

    

   

Os tres equipos deron conseguido repetir os resultados do experimento, creando estes fantásticos "arcos da vella". 

Equipo PERRO SALCHICHA:

   

Equipo CABALO:

        

Equipo OVELLA: 

      

Agora tocaba o turno de crear o vídeo do experimento, onde contar como facelo, a todos e todas os que estiveran interesados. Nesta ocasión o BEEBOT (un dos nosos robots da alua), escolleu que o fixera o equipo "perro salchicha".

 

   

O equipo encargouse de preparar o panel dos materiais, que aparecería no vídeo.

 

   

Pegaron as imaxes que buscaron en internet, e que logo imprimiron, escribindo a cantidade e o tipo de material ao seu lado.

     

Despois da grabación, e de que o profe "montase o vídeo", así quedou o que fixemos contando como facer o experimento.. fantástico verdade?

     

Tan só quedaba rexistrar este primeiro experimento no noso caderno de campo.

   

Iremos enchendo este caderno de campo, ao longo curso, con diferentes experimentos que tamén vos iremos contando neste mesmo blog.   

Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que levamos a cabo, neste e no curso anterior, desde aquí.

   

  

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.