Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Máis vale tarde que nunca, aquí están as nosas actividades do mes de novembro!

Din que mellor tarde que nunca, así que en EI1 xa estamos de volta coas nosas entradas (tardías) ao blog do cole. Nesta ocasión, centrámonos en algunhas das actividades que levamos a cabo durante o mes de novembro.

Os que xa léchedes entradas do blog algunha vez, xa saberedes que nos encanta xogar con plasti. Xa que non so é divertido, senón que ademais permítenos traballar habilidades motrices fundamentales. Por iso ao longo do mes fixemos de todo: letras, cucarachas, estatuas de nós mesmos, edificios...

Outro clásico son as nosas actividades de calendario. Cada día centrámonos en celebrar un acontecemento distinto, que sempre trae baixo a actividade unha historia, un baile, un xogo, unha actividade... Entre as que máis triunfaron este mes, están o día que construimos o noso propio robot a través dunha aplicación, as láminas de cadros famosos para reimaxinar ao noso xeito, tocamos a guitarra virtual...

No que se refire a lectoescritura, as principais protagonistas deste primer trimestre foron as vogais. A través de xestos, coa nosa letra protagonista, as contrasinais diarias e diferentes momentos nos que escribimos de xeito contextualizado; estamos feitos xa uns profesionais na temática.

Pero se hai algo que fixemos este mes, é vaciar botes, e botes, e máis botes de temperas. Dende pinceis ata froitas, utilizamos todo o que tiñamos a man para pintar. Pero a cousa non quedou ahí, pois tamén fixemos actividades de papiroflexia, decoración para nadal e "gusanos" de papel de cociña. En poucas palabras, en novembro deixamos volar a nosa imaxinación sen límites.

Outra cousa que nos levou un tempo considerable, foi a organización do Magosto. Xa que aínda que moitas (por non decir todas) das cestas que fixemos chegaron medio desmontadas a casa... Levaron un traballiño! Para facelas repartimos o traballo por días e pouco a pouco, decidimos en gran grupo como queriamos decoralas, que cores iamos a usar, como queríamos pegar os nosos paus... Todo para poder recoller un montón de castañas durante a festa do Magosto do cole.

Comentamos xa que a profe Zaira ten os xogos de lóxica-matemática máis chulos do mundo? Pero o mellor e que, cando pensamos que coñeciamos todos, este mes descubremos que todavía ten máis. E como ben pódese ver nas fotos, todos e todas están máis que encantados de probalos.

Por último, tamén fixemos o experimento deste mes, que consistiu en mezclar M&Ms con auga para ver que pasaba. Para os que seguides estas publicacións, xa saberedes que levamos feitos unha chea de experimentos, pero ata o de agora ningún nos tivo tan enganchados como este. Durante un bo rato estivemos observando os platos, vendo o que sucedía, incluso deixamos o chocolate un día enteiro para ver que pasaba.

Cómo sempre, recordade que para máis fotos, podedes consultar a galería fotográfica, onde podedes consultar estas fe moitisimas máis fotografías de todo o que pasa no cole.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.