Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz os alumnos e alumnas de Educación Infantil, organizamos a primeira "Carreira solidaria pola Paz", nesta ocasión en solidariedade cos refuxiados da guerra en Ucraína.

Comezamos, días antes da carrreira, dialogando sobre o significado da palabra paz, amizade e como solucionar os conflictos de forma dialogada.

   

Falamos tamén do que está a suceder en Ucraína, e porque precisaban axuda os refuxiados que fuxían da guerra en Ucraína.

Acordamos, que unha forma de axudalos podería ser facer unha carreira solidaria, para poder recoller doazóns e logo facerllos chegar.

      

Anotamos nos respectivos calendarios online o día que tería lugar a carreira e, comezamos a deseñar e crear os carteis que usaríamos para dar a coñecer esta carreira.

    

Así quedaron todos unha vez rematados, listos para pendurar no corredor:

    

Decoramos pedras, pintadas coas cores da bandeira de Ucraína, con palabras sobre a Paz e a tolerancia, que deixaríamos debaixo de cada un dos carteis que pendurásemos polas rúas.

    

Descubrimos cal sería o percorrido tanto da marcha como da carreira, que tería lugar no campo de fútbol.

    

Creamos un mapa representando este camiño, e que tamén empregaríamos para sinalar os lugares onde íamos colgar os carteis.

  

Para poder penduralos na rúa, fixemos copias dos carteis que metimos en fundas de plástico.

   

Con todo o material listo, chegou o momento de percorrer as rúas preto do Colexio, para pendurar os carteis e deixar as noas mensaxes de paz.

      

Comezamos a recoller motísimas doazóns, que dentro dunhas semanas faremos chegar á  "Asociación Galega de Axuda para Ucrania"  (AGA Ucrania) - https://www.agaucraina.org

 

    

Penduramos no corredor, enriba das caixas de doazóns, tanto os carteis como o mapa, no que sinalamos os lugares onde deixamos os carteis e as mensaxes de paz, pengando as nosas fotos nos citados lugares.

    

E finalmente chegou o 30 de xaneiro, o Día da Paz, no que tería lugar a 1ª carreira solidaria pola Paz, como resultado de todo o traballo de organización que levamos a cabo nos días precedentes.

Preparamos os nosos dorsais, que tiñan un número escrito tamén en ucraniano.

    

  

Xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, participamos tanto na marcha como na carreira solidaria, na que tamén participaron as nosas familias.

    

Como agradecemento pola participación, entregamos unha chapa conmemorativa a tódolos participantes, tanto nenos/as como familias.

Posamos para unha foto final por grupo, para recibir os merecidos aplausos de todos e todas.

     

Podes ver tódalas fotos da "Carreira pola Paz" no seguinte álbum da galería fotográfia, ao que podes acceder de seguido:

GALERÍA FOTOGRÁFICA (ÁLBUM): (2022-2023) 1ª carreira pola Paz polos refuxiados da guerra en Ucraína

   

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.