Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Chegou o Entroido das emocións a infantil: Organizamos un obradoiro de disfraces coas nosas familias, seguimos as instrucións de Serafín e participamos no desfile

Cando comezou o mes de febreiro, anotamos nos nosos calendarios online, unhas datas moi importantes. O día do desfile do Entroido e o día do obradoiro de disfraces, cando as nosas familias virían ás nosas aulas para axudarnos a facer o disfraz, nun obradoiro que teríamos que organizar antes de que viñeran.

Visionamos na web do colexio todo o que fixeramos na celebración do curso pasado, e descubrimos que este curso, sen restricións COVID-19, poderíamos recuperar o obradoiro de disfraces coas nosas familias.

Cada día da semana do Entroido, o Porcoespín Serafín, a mascota da biblioteca, foinos "mandando" traer posto algo diferente (cada un dos grupos de compañeiros e compañeiras do colexio, foron os encargados de escollelo).

Nós, en infantil, eliximos que viñeran todos co pixama posto o LUNS.

    

Despois de ir a buscar a "Serafín", escribimos un cartel anunciando a nosa decisión, que pegamos debaixo da mascota, para que todos e todas coñeceran o que mandaba traer.

  

Cada día, fomos a ver cal era a instrución, elixida polo resto dos compañeiros e compañeiras, anotándoo nunha nota que levamos para casa.

   

O luns os de infantil escollimos vir con PIXAMA:

         

O martes en primeiro e segundo decidiron que había que traer ALGO NA CABEZA:

 

     

O mércores en terceiro e cuarto acordaron que viñéramos con roupa dun FAMILIAR:

        

O xoves, os de quinto e sexto, pensaron que o mellor era que cada un trouxera posto un DISFRAZ: 

 

       

Cada día fomos pegando a fotografía de grupo, co que traíamos posto, rexistrando e escribindo o nome da instrución. Tan só quedaba o venres, que sería o desfile co noso disfraz de "emoción".

    

Para participar no desfile do Entroido, este curso todo o colexio iría disfrazado de "emoticonas" con emocións, así pois escollimos dez delas e logo, por sorteo, correspondeunos por parellas unha delas. Ese sería o noso disfraz.

 

   

Pero primeiro, antes de que viñeran as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces, onde nos axudarían a facelos, tivemos que pintar os dous círculos do noso disfraz de cor amarela. 

   

Tamén previamente a que viñeran as nosas familias, a participar no obradoiro de disfraces, había que acordar, crear e escribir as instrucións de como facer o disfraz, para que os nosos familiares puideran lelas e seguilas o día do obradoiro. Fixemos unhas instrucións en cada unha das aulas.

    

Cando chegou o día que tiñamos marcada no calendario online, por fin viñeron as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces que xa tiñamos organizado.

Nunha lista puidemos comprobar se nos tocaba na primeira ou na segunda quenda, buscando o noso nome, e vendo se estabamos antes (enriba) ou despois (debaixo) do recreo.

   

Xunto coas nosas familias, seguindo as instrucións, traballamos reo para facer os nosos disfraces de emocións... usando todo o material que xa tiñamos preparado e o modelo de emoticona que nos correspondera.

        

Encantounos poder traballar coas nosas familias na clase, e poder explicarlles cales eran os pasos que había que seguir para facer o disfraz.

    

Había que recrear a emoción, que nos tocara, na parte dianteira, e escribila na parte traseira. decorándoa como quixeramos. 

    

     

Grazas á colaboración das nosas familias, xa tiñamos os nosos disfraces listos, e agarandándonos para usalos no desfile.

         

Así de fantásticos quedaron os nosos difraces, unha vez rematados:

    

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado nos nosos calenadarios online, fomos recollendo os postres do Entroido, que trouxemos da casa para o fin de festa.

     

Fomos probando un anaco de cada un deles, e coñecendo os nomes dos diferentes postres típicos do Entroido, antes de xuntar os das dúas aulas, para deixalos listos para a festa posterior. Comentamos cales nos gustaban máis ou menos a cada un.

    

Tamén visionamos o percorrido que faríamos no desfile nun mapa na pantalla, e creamos a nosa pancarta para o desfile.

   

Quedou divertida.... verdade? 

      

Despois do recreo, e xa con todo preparado, percorrimos as rúas do concello no desfile do Entroido, acompañados e acompañadas polas nosas familias e os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

      

Cando rematamos de desfilar, xa de volta no colexio e como fin de festa, degustamos postres típicos do Entroido.

 

      

De seguido, podes ver o vídeo de ben que o pasamos durante o desfile polas rúas do concello.

    

Podes ver tódalas imaxes do desfile, e da festa posterior cos postres do Entroido, no seguinte álbum da galería fotográfica.

Álbum da galería fotográfica: (2022-2023) Desfile do Entroido 2023

     

       

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.