Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) En abril traballamos mil!

A de cousas que fixemos en abril! E iso que bastante tempo do mes estivemos de vacacións de Semana Santa. Pero como volvemos coas pilas moi cargadas, decidimos aproveitar e sacar o máximo partido a esta enerxía renovada.

Aínda que o pasamos moi ben, houbo momentos un pouco tristes, como foi a despedida de unha das profes que os nenos máis queren do cole. De feito, fixeronlle uns debuxos super chulos de regalo, para que levase un recordo de cada un dos nenos e neas. Seguro que nos volvemos a ver moi pronto!

Tamén retomamos unha das nosas tarefas favoritas, o coidado do invernadoiro. Nesta ocasión sementamos cenorias, que por certo están a crecer moi ben. Pero claro... Como no van a crecer con todo o agarimo co que as regamos todos os días!

Nas nosas clases de inglés conxuntas, seguimos a aprender cousas novas. Dende os animais, aos números ou as cores; todas as semanas temos algun xogo novo para ampliar o noso vocabulario e aprender inglés mentres o pasamos xenial.

Continuamos tamén coa celebración dos cumples, neste caso a nosa compañeira Noa cumpriu 6 anos. E claro, unah ocasión tan especial requería unha coroa e unha camiseta especial para ela. A homenaxeada escolleu que quería unha camiseta do arco da vella, así que coa axuda do profe, fixémoslle unha que agardamos que lle gustase moito!

Outra das nosas actividades principais, foi continuar co noso proxecto. Ademais de seguir aumentando o noso mural de fotos do arco da vella; fixemos varios experimentos para entender porqué aparece no ceo, continuamos decorando a clase coa estética do arco da vella, comezamos a elaborar o noso dossier con información do tema... E ata fixemos unha visita a tenda para mercar o material necesario para os experimentos!

Estreamos moitos xogos de lóxica matemática, e ampliamos a nosa colección con xogos para o traballo da motricidade fina. Agora, ademais de todos os xogos que temos, tamén contamos cun arco da vella para completar usando pinzas,e ademais unhas láminas con diferentes retos motrices para continuar traballando e aprendendo a través do xogo.

As actividades de calendario siguen sendo a nosa forma de comezar cada mañá; e este mes entre outras moitas cousas: aprendemos a interpretar as horas do reloxo, descubrimos a verdadeira historia de porqué o "Rato Pérez" recolle dentes e ata hidratamos, observamos, manipulamos e ata aprobamos para tinxir algas secas! Cada día é unha sorpresa nova co noso calendario!

Como xa sabedes, visitamos o Salón do Libro a mediados de mes. Pero como aínda nos quedaban cousas por facer, rematamos de elaborar as fichas para o noso xogo da oca xigante; ademais de xogar co conto que elaboramos na aula e ver que fixeron os compañeiros e compañeiras das outras clases.

Coloreas, collage, tinxir algodóns para facer nubes... Este mes puxémonos moi creativos e aproveitamos todos os materiales que tiñamos para crear e experimentar. Estes nenos e nenas están feitos uns artistas!

E por suposto, fixemos o experimento deste mes. Con leite, colorante, xabón e bastoncillo fixemos unhas explosións de cor chulísimas. De feito; Ana, Julia, Diego e Xose grabaron como podemos fácelo por se o queremos repetir na casa. Podedes velo aquí.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.