Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Así nos foi nos primeiros días do curso en Infantil 2... queres ver todo o que fixemos?

Durante estas dúas primeiras semanas do curso, sucedeu todo isto en infantil 2. Como podes ver fixemos unha chea de cousas:

Exploramos os recantos da aula cos novos compañeiros e compañeiras

  

Sen esquecernos do patio, por suposto.

   

Creamos novas bandexas para merendar, para o que cada quen tivo que "buscar" a imaxe do que quería pegar na mesma, imprimila e pegala na súa bandexa.

   

Así de fantásticas nos quedaron, e xa puidemos estrenalas para verificar "a súa calidade" ;)

 

   

Creamos os "carnets QR" de cada un de nós, que empregaremos para facer "unha chea de cousas" ao longo da xornada: rutinas do encargado, préstamo da biblioteca... (Descobre todo o que facemos con este carnet desde aquí

      

Por quendas fomos levando a cabo as rutinas do encargado ou encargada... É unha grande responsabilidade posto que ten que levar a cabo unha chea de tarefas ese día ;)

    

Cambiamos a foto de grupo, que tiñamos na porta, por unha onde saían tamén os novos compañeiros. Por suposto cos nomes de todos nós.

   

Tamén levamos a mesma foto decorada para as nosas casas, na cartolina da cor que cada quen escolleu.

   

Completamos o "horario semanal" deste curso, con imaxes dos mestres e mestras que veñen cada día, ou con iconas identificativas. Deste xeito nas nosas casas saberemos que "nos toca" ese día antes de vir ao "cole".

   

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos cada venres para as nosas casas. Tivemos que axudarlles aos novos compañeiros a facelo, ata que aprendan a facelo eles pola súa conta;)

    

Amosamos aos novos compañeiros tódalas dependencias do colexio, ás que iremos ao longo do curso. Xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, fomos seguindo unhas pegadas cada día, para atopar as pezas dun puzzle.

    

Cada día, as pegadas levávannos ata un lugar diferente do colexio, onde atopamos diferente pezas dun puzzle, nas que saían as nosas caras. 

 

   

Co paso dos días démolo completado.

   

Antes de que remate o mes de setembro, aínda nos quedan por reelaborar normas da aula, facer os novos equipos cooperativos e moito máis.

Poderedes descubrilo todo, nas sucesivas entradas que iremos publicando neste blog.

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.