Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Novas compañeiras e compañeiros, novo curso, novos retos... nova entrada do blog!

Benvidos e benvidas de novo ao blog de EI1! Estamos de volta para dar inicio ao curso 2023/24. Este curso vai estar cheo de novidades e de sorpresas, e a través destas publicacións poderedes seguir cada unha delas. Outras vías polas que podedes seguir as nosas publicacións, é o noso Facebook e tamén o noso Instagram: @ceippedroantoniocervino

O primeiro, e unha das cousas máis importantes este mes, é que recibimos a novos compañeiros e compañeiras. Así que os primeiros días de clases, dedicámonos a ensinarlles o cole, axudarlles a sentirse como en casa, explicarlles como funciona o colexio... E por suposto, xogar en grupo!

Para descubrir os diferentes espazos do colexio, fixemos unha búsqueda de pezas dun crebacabezas moi especial por toda a escola. Todos os días apareceron unhas pegadas nas portas das nosas aulas, que nos levaban a aulas distintas onde se agochaban algunhas das pezas que buscabamos. Foi moi divertido, e ademais de pensar para resolvelo, puidemos ver como aínda que todos e todas somos diferentes, como pezas dun crebacabezas, podemos encaixar perfectamente.

Fixemos tamén outras actividades de benvida, coma elaborar un marco de fotos onde lucir a foto que nos sacamos o primeiro día de clase. Para facelo utilizamos cartulinas, purpurina (tranquilidade, nese momento era legal), pasta, cola blanca, cores... En resumo, un pouco de todo. Inlcuso fixemos unha visita ao supermercado para escoller o tipo de pasta que queríamos usar!


Pouco a pouco, tamén retomamos as rutinas do día a día na aula. Neste aspecto, os alumnos e alumnas de 6º de EI tiveron un papel moi importante, pois axudaron aos más pequenos a comprender e participar en todas é cada unha delas. Dentro de nada, xa o terán máis que controlado.

Tamén estamos a elaborar o noso horario semanal con miniaturas de cada unha das actividades que facemos cada día no cole. A elaboración aínda está en proceso, pero moi pronto poderedes telo en casa para saber o que toca facer cada día!

Outra actividade en proceso, é a elaboración de normas da aula. O primeiro, e máis importante, foi reunirnos para acordar cales serían e que é o que sucede cando non se cumplen as normas. Agora, unha vez dramatizadas, pasaremos a escribilas para colgar na nosa aula.

Por suposto, xogamos moito coa plastilina, unha das mellores actividades para mellorar a motricidade fina dos máis peques; ao mesmo tempo que lles damos a oportunidade de expresarse de xeito creativo.

Tamén celebramos o primer cumple de este curso, o cumple da nosa compañeira Carlota. Aquí xa non importaba canto tempo leva cada un no cole, todos o pasaron xenial elaborando a tarta e colaborando para organizar a festa de aniversario.

Pintamos moito, moito, moito con témpera; de feito ata o profe ten as lavadoras que non dan feito con tanta roupa manchada de cores. Pero como podedes ver, non nos podemos resistir cando temos a oportunidade de crear con este material.

Fixemos varias visitas a biblioteca, onde o profe le contos aos nenos... pero ollo! Que tamén se fai de forma autónoma, de feito todas as semanas facemos debuxos dos nosos contos favoritos para decorar este espazo.

Elaboramos as bandexas para a merenda, escollendo cada neno e nena a foto que máis lle gustaba. Os temas favoritos foron os zombies e os raposos... Medo me da o proxecto que van a escoller este ano!

Non deixamos a lectoescritura de lado, e para ir aterrizando pouco a pouco, empezamos con algúns xogos sobre as vocais. Deste xeito, presentamos a temática aos nosos compañeiros e compañeiras novas, e ao mesmo tempo serviu de repaso para os maiores.

E con isto remata a entrada de setembro! Outubro ven ben cargado de traballo e cousas que facer, así que estade atentos ao blog e as nosas redes sociais porque as sorpresas so acaban de comezar.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.