Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Un mes máxico e cheo de cousas que facer, así é como pechamos o ano na nosa aula

Este mes non temos claro quen traballou máis, se Papa Noel ou os nenos e nenas de EI1. Foron 21 días que deron para moitísimo... Non o credes? Pois seguide aquí, porque a continuación explicamos algunhas das moitas actividades que fixemos este mes.

En primer lugar, preparamos unha obra de teatro moi chula titulada "A Patrulla Canina salva o Nadal". Tivemos que preparar o decorado, estudar o guión, preparar o escenario, acordar o reparto de tarefas... Foi un traballo complicado, longo, pero moi satisfactorio. O resultado ao final foi o de menos, pois o realmente importante foi todo o que aprendemos durante o proceso. Se queredes ver a obra, podedes facelo aquí.

Pero non só estivemos na zon de usos múltiples, estivemos facendo cousas ao longo de toda a escola. Pasamos moito tempo na biblio, lendo contos, debuxando, xogando... pero tamén aprendendo con materiais como a oca para coñecer Galicia ou a escalada de montañas cun dado e un lapis. Ao final imos pasar máis tempo alí que na clase!

Unha actividade da que as familias estaredes enteradas, foi a decoración de colas de Nadal, pois para esta iniciativa, contamos coa colaboración dos pais e das nais. Os nenos e nenas levaron a base acasa, e con axuda fixeron elementos decorativos tan chulos como os que poidedes ver nas fotos. Logo decidimos exactamente onde queriamos colgala. Foi xenial!

E co curso avanza tamén o calendario, así que cada día temos que abordar unha temática nova. E claro, como nun día pasan moitas cousas, o que aprendemos vai variando moito según a dara. Rosa Parks e a discriminación racial, o coidado do medio ambiente, o analisis de obras de arte... Todo pode pasar cando abordamos o noso traballo de calendario.

Tamén fixemos o experimento do fluido non newtoniano. Pero a falta de unha, o fixemos duas veces... Por qué? Moi sinxelo, porque o profe equivocouse coas medidas (perdoádeo, é de letras). Así que tivemos que poñer aschaquetas, e ir a tenda a mercar máis maicena. Deste xeito fixemos o experimento por segunda vez (esta vez ben feitos), e o resultado deixounos coa boca aberta.

Pero tamén tivemos tempo para xogar, e moito. Este mes comezamos a estrear algún dos xogos que nos chegaron a a aula; ademais de disfrutar de aqueles que máis nos gustan como e o xogo coa area, con crebcabezas, con bloques lóxicos... e moitas cousas máis.

Na nosa clase tivemos de aniversario a Yara, e por suposto, non podiamos esquecernos de prepararlle unha celebración como merece. Así que cunha camiseta de unicornio, unha coroa chea de estrelas e unha deliciosa tarta con moito chocolate; montamos unha super festa para os homenaxeados!

Ah, e unha cousa máis, revisade os buzóns nos vindeiros días. Pois estes últimos días de trimestre estivemos preparada unha sorpresa para as familias... E aquí o imos a deixar, que ao final arruinamos a sorpresa.

E xa para rematar... Recordades os xogos que preparamos en colaboración co Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro? Pois ben, este mes o Porco Espín Serafín preparou un calendario onde, cada día, unhadas clases do colexio abría un agasallo elaborado por outra clase. Foi super divertido, e permitiu seguir traballando no noso proxecto de convertir un cole con relacións máis sólidas e menos conflictos, pois na escola somos unha gran familia.

E con isto despedímonos ata o ano que ven. Grazas por outro ano cheo de experiencias e de aprendizaxe; e preparádevos, porque o 2024 ven repleto de moito que facer e moito que aprender!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.