Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

  

Co paso dos días fomos recopilando moita información tanto non noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.

    

A primeira das preguntas que investigamos, todos xuntos en gran grupo, foi saber que "comen os peixes".

       

Acordamos anotalo no mural da investigación deste xeito.

     

No apartado de "Como nos organizamos" fomos anotando o número da pregunta que íamos respostando, tanto en gran grupo, como cada un dos equipos.

  

Novamente en gran grupo buscamos a resposta a se os "tabeiróns comían peixes", que era outra das preguntas que decidimos investigar.

Atopamos a resposta nun dos vídeos do noso recanto virtual da investigación.

     

Despois de discriminar no vídeo, a información que respostaba á pregunta, acordamos como plasmalo no mural da investigación.   

    

E así quedou plasmada a resposta no mesmo.

   

A medida que íamos atopando a resposta a cada pregunta, fomos marcándooa na lista que escribimos ao comenzo.

      

En equipos cooperativos, atopamos a resposta a tres das preguntas que tiñamos plantexadas, acordando cada equipo que fonte de información poderían usar, e como plasmarían a resposta no mural da investigación.

Os peixes fan pis?

    

Os peixes fan caca?

   

Os peixes fan peidos?

    

Así quedou plasmado, coa parte de cada un dos tres equipos cooperativos, no mural da investigación.

   

Finalizado o traballo de investigación destas tres preguntas, cada un dos equipos contoulle ao resto dos compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Agora todos coñecemos a resposta ás tres preguntas plantexadas. 

 

Así está de momento o noso mural de investigación, nas vindeiras semanas continuaremos completándoo coa resposta ás diferentes preguntas que aínda quedan pendentes.

   

     

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.