Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Febreiro, o mes máis curto e mellor aproveitado!

Ola, ola, ola! EI1 está de volta coa súa entrada correspondente ao mes de febreiro. A pesar de ser o mes máis curto do ano escolar, na nosa clase sacámoslle moito partido e estivemos facendo de todo. Comezamos!

Este mes xuntáronse moitas actividades moi especiais, entre elas está a elaboración dun conto para o Salón do Libro. Coa a axuda do profe para parte da escritura e o debuxo da porta; os nenos e nenas da clase elaboraron o conto pintando a portada e contraportada, escribindo as palabras do interior e gravando efectos sonoros que incorporamos no conto a través de Códigos QR. Pasámolo super ben facéndoo, e o resultado fixo que mereza a pena todo o traballo. Se queredes saber máis desta actividade, podedes botar unha ollada aquí.

Estamos en febreiro, falando de actividades feitas durante o mes; pero os e as que pasads habitualmente por aquí, sabedes que na nosa clase calquer día do ano e bo para falar de igualdade, dereitos das mulleres e visibilizar mulleres das que os libros de historia moi convenientemente "esquecen". Pois ben, este mes continuamos avanzando co noso proxecto de igualdade "Revolucionarias", pero ademáis engadimos traballo extra para unha actividade moi especial que estamos a traballar no cole. Queredes saber cal é? Pois estade atentos, porque moi pronto a publicaremos na nosa páxina web e redes sociais.

Por suposto, seguimos a "caza" das letras tan rebeldes coas que convivimos na aula. É unha locura, cada vez que chegamos os luns, algunha colle a maleta e vaise por ahí a pasar o fin de semana fóra. Por sorte, os nosos nenos e nenas son moi observadores e sempre son capaces de atopar onde se agochan. Por suposto, complementamos esta aprendizaxe con actividades de lectura, escritura e conciencia tanto fonolóxica coma silábica e léxica a través de distintos soportes.

Tamén seguimos engadindo días ao noso calendario de aula, e con cada día, un xogo e actividade nova. Este mes, entre moitas outras cosas, exploramos e bailamos coa radio, cazamos Pokemon usando os nosos coñecementos sobre as letras, fixemos un Sonic de papel con tesoiras e pegamento, creamos robots, ampliamos coñecementos sobre os reloxos e as horas...

Entre as moitas celebracións deste mes, estivounha adicada a unha das mulleres máis lidas da nosa terra, Rosalía de Castro. Por suposto, quixemos colaborar o máximo posible nesta conmemoración que implicou a todo o cole, polo que pintamos e recortamos unhas letras moi chulas que  foron parte do mural que elaborou a escola en conxunta. Se queres saber máis sobre esta actividade, podes botar unha ollada aquí.

Outro dos momentos máis agardados da nosa semana, é o luns, pois é o día que o Porco Espín Serafín responde aos nosos escritos na mochila viaxeira, e prepara o material para entregar a mochila a un neno ou nena. Por iso as visitas á biblioteca os luns son obligatorias, e bueno... xa aproveitamos a viaxe e quedamos por alí lendo e xogando co material tan chulo que a profe Zaira sempre prepara para nós con moito agarimo.

Este mes non tivemos tanto tempo como quixeramos para os xogos motrices con plasti, pero aínda así, atopamos un pouquiño de tempo para poñernos mans a obra e facer un xogo onde traballamos o concepto "metade" e usamos coitelos e as mans para facer churros e moitas outras formas seguindo consignas.

O noso invernadoiro está de volta! Este mes plantamos cebolas, e agora ben a parte que máis tempo require, a de coidalas. Todos os luns e todos os mércores, os nenos e nenas da nosa clase imos ir a regar os nosos vexetais, de xeito que a finais de curso poidamos ter unhas deliciosas cebolas que levarnos a casa!

Os xogos tampouco faltaron, temos unha chea de xogos novos que estabamos desexando estrenar. E iso e precisamente o que fixemos este mes: explicamos como utilizalos, establecemos un sistema de turnos e normas de uso... E a xogar! A verdade e que é unha maravilla ver as creacións que os nosos nenos e nenas fans cando lles damos o material e deixamo voar a súa imaxinación.

Pero se algo fixemos este mes, iso foi arte. Pintamos, moldeamos, fixemos autorretratos, coñecemos a obra de moitos autores novos, experimentamos con novos materiais... Foi unha auténtica locura, pero ao mesmo tempo foi divertidisimo. Estamos a crear en conxunto un dossier de arte digno do mismísimo Picasso (do que falamos este mes), e para quen o dubide, aquí tedes algunhas das fotos do proceso de elaboración do noso traballo.

Fixemos o experimento deste mes que, nesta ocasión non gravamos, pois foi o turno dos nosos compañeiros e compañeiras de EI2. Aceite e colorante foron as protagonistas deste divertido experimento, que podedes ver explicado aquí.

E en medio de todo isto tivemos o Entroido. Viñemos disfrazados ao cole seguindo as intruccións do Porco Espín Serafín, elaboramos os nosos disfraces de domadores e domadoras coas familias; e o pasamos xenial ensaiando o noso baile. A nosa ecola converteuse nun auténtico circo (literalmente) e se non nos credes, botade unha ollada aquí para ver a que liamos.

Na hora de alternativa a relixión, onde se xuntan nenos das dúas aulas, seguimos traballando motricidade e arte. Nesta ocasión o fixemos cun árbol moi especial con forma de corazón, que pintamos usando os dedos. O resultado foi moi chulo, pero o realmente especial foi o proceso, onde o pasamos xenial xogando coa pintura, os materiais, a auga para lavar as mans e moito máis!

Tamén estivemos a cargo da creación dunha merenda saúdable, como parte de programa Nutriescolas co que colaboramos baixo a guía do profe Paulo. Foi el precisamente quen nos fixo o encargo de preparar esta merenda e... Mans a obra! Tras unha relfexión sobre os alimentos saudables que podemos usar, unha posta en común, selección de xoguetes e moita moita plastilina; preparamos esta deliciosa merenda que podedes ver nas fotos. Bo proveito!

E por se fora pouco, aínda tivemos tempo para escollar o tema que queremo investigar. Sí... levamos moitos meses coa selección, pero e que é moi difícil escoller só un tema! De todolos xeitos, faremos todo o posible por aprender o máximo posible sobre o tema escollido durante os próximos meses, xa veredes o que se ven...

E isto e todo, foi un febreiro moi ben aproveitado... , pero aínda estamos a medio camiño do curso! Así que en marzo non baixaremos o ritmo, estade atentos porque aínda temos moito que ensinar e que aprender!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.