Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso

No CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño temos a firme convicción de que a igualdade non é un traballo dun día, nin tan sequera dun curso... é un traballo que debe estar presente na escola todos os días. E iso mesmo é o que quixemos plasmar co noso proxecto "Revolucionarias", que enmarcamos dentro das actividades de IGUALA-T, o CPInclúe que traballamos este curso na escola.

Para os que xa sodes habituais das nosas entradas no blog da escola, saberedes que estamos a crear un espazo de igualdade no centro onde contamos con infografías, contos, revistas, libros de consulta... e demáis material audiovisual sobre igualdade. Complementariamente, dende setembro estivemos a elaborar uns carteis informativos sobre mulleres "revolucionarias" que cambiaron a historia, e que compartiremos a final de curso, de xeito que poidamos amosar todos os avances que puidemos facer.

Pois ben, co 8M a volta da esquina, chegou o momento de poñer os nosos coñecementos a proba. O xeito de facelo, foi cambiando a dinámica habitual, e eses carteis que completamos co nome de mulleres revolucionarias, cambiou para convertirse nun traballo de investigación no que, toda a escola, tivo que investigar cales foron as aportacións de 44 mulleres revolucionarias na historia. Deste xeito, todos os compañeiros e compañeiras poderíamos aportar o noso graniño de area para o que se viña.

Unha vez tivemos a información, cada clase reuniuse para compartir o que descubriron sobre as mulleres que investigaron nas súas casas. De feito, nesta ocasión quixemos poñer o acento en aprender sobre as aportacións de mulleres racializadas, cuxas aportacións sufren todavía unha maior invisibilización.

Dende aquí, unha vez máis, queremos agradecer as familias a súa colaboración con esta actividade, axudando ao alumnado na búsqueda de información. Un acto tan simple como colaborar nestas actividades, amosa aos nenos e nenas a importancia da tarefa que tiñan entre mans. De feito, esa importancia reflexouse no momento en que o alumnado compartiu todo o que aprendeu.

Pero isto non é todo! Pois o alumnado de quinto e sexto, tiña unha tarefa directamente relacionada con isto. Eles e elas foron quen, coa axuda das nosas xeniais profes de PT e AL, Marta e Zaira, traballaron na radio para grabar toda a información recollida en audios que máis adiante tería unha utilidade, a pregunta... é cal e esa utilidade?

Chegamos así ao día 8 de marzo, onde en cada clase apareceron dous obxectos: unha folla chea de carteis violetas e unha tablet. Resulta que por todo o cole apareceron códigos QR que contiñan información moi importante... Podedes imaxinarvos cal era? Sí, eses audios grabados polo noso alumnado de 5º e 6º extendéronse por todo o cole para crear unha gran xincana na que todos os cursos competiron para ver quen podía atopar máis. Aprendemos sobre mulleres revolucionaria, traballamos a lectoescritura, colaboramos entre nós, pasamos un bo rato; e o que é máis importante, continuamos traballando a igualdade de xeito activo e práctico.

Unha vez recopilamos todos os QR, chegou o momento de poñer a guinda ao pastel. Visto o ben que funcionou a actividade entre o alumnado, parecíanos o máis normal abrir este coñecemento sobre mulleres revolcuionarias a toda a comunidade educativa. Por iso, elaboramos este mural tan chulo, onde co noso teléfono podemos escanear os QR cos audios do noso alumnado para correr a voz da importancia silenciada que as mulleres tiveron e siguen tendo na historia.

Pasamos un traballo enorme, pero tanto a temática como o resultado merecen a pena. Pero a nosa labor non remata aquí, de feito non rematará ata que vivamos nun mundo onde a igualdade sexa real, efectiva e accesible a todas as mulleres independentemente da súa etnia, relixión ou cultura.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.