Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2009-2010) Facemos un cine na clase

O venres antes das vacacións do segundo trimestre, decidimos convertir unha das aulas de Infantil nun cine.

Preguntamos nas aulas que "cousas" hai nos cines saíron as seguintes ideas:

Unha pantalla enorme, que fixemos con papel continuo branco pegado nunha parede.

 

Palomitas, algún comentou que nos cines se comen palomitas así que decidimos que no noso cine tamén as habería.

 

Para facelas empregamos o microondas, que trouxo a profe Ángela, descubrimos que cando metiamos a bolsa de papel nel esta empezaba a "engordar" porque se empezaba a encher de palomitas. Ademáis facía moitísimo ruido cando ían estoupando.

 

Nos cines tamén hai que ter ENTRADAS, para que te deixen entrar. Decidimos que cada un lle faría a entrada a un compañeiro da outra aula.

 

Así quedaron algunhas delas.

 

Fixemos un cartel para poñer na porta do noso cine, así todo o mundo sabería por onde había que entrar nel.

 

Na entrada do Cine de infantil estaba a profe Ángela recollendo as entradas antes de entrar. Ademáis a cada unha lle rompía un pedazo.

 

Como eramos moitos tivemos que ir entrando en orde facendo unha fila.

 

Xa dentro da "sala de cine" cada quen escolleu o seu sitio.

 

Xa estabamos todos preparados coas nosas entradas na man, só faltaba por poñer o proxector e o ordenador, do que se encargou o profe Óscar.

 

Comezou a sesión de cine, cada quen co seu bote de palomitas. Había que estar a escuras, como nos cines de verdade.

 

Miramos cinco películas moi curtiñas e moi divertidas.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.