Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2009-2010) Reorganizamos a biblioteca de aula cos novos libros

Hoxe cando chegamos pola mañá descubrimos que non quedaba na nosa biblioteca de aula case ningún libro. O profe contounos que el e a profe Ángela fixeran un intercambio dos libros, para que así as dúas clases tiveran libros novos.

A idea pareceunos fantástica, pero tiña un problema. Onde iamos a poñer agora os libros novos?. Antes cada libro tiña un número e sabiamos onde colocalo, pero agora os novos libros non tiñan ningún número.

Debatimos sobre: como podiamos organizar os libros?

Xurdiron as seguintes ideas:

  • Poñendo carteis co nome de cada libro, pero os demais dixeron que iso sería moito traballo.
  • Poñendo fotos de cada libro, pero alguén alegou que iamos tardar moito en facer tantas fotos e imprimilas, ademáis non ían caber na estantería.
  • Usando números como ata agora, pero apareceu o problema de que na clase de lado tamén ían usar números e "podíamos confundir os libros dunha e outra clase" e sería un lío tremendo.

A idea dos números gustounos á maioría, pero para evitar confundirnos pensamos que nos podiamos usar unha cor e os da outra clase outra.

Agora viña o seguinte problema ¿que cor iamos usar?

 

Pensamos que o mellor era facer unha votación entre catro cores, pegámolos no encerado, lembramos os seus nomes e cada quen pensou o seu favorito.

 

Logo cada quen escribiu nun papel a cor que elexiu, e fixo "o seu voto secreto" e meteuno nunha caixa.

 

E os máis pequenos preferiron pintar o seu voto coa cor que elexían.

 

O encargado do día e un "axudante" que elexiu, encargáronse de recontar os votos para saber que cor fora a gañadora.

Un ía lendo os votos e o outro ía anotando debaixo de cada cor unha raia por cada voto.

 

Cando se remataron tódolos votos, cada quen dixo que cor pensaba que era a gañadora "por tanteo"


Como non nos poñiamos dacordo, decidimos contar os votos e poñerlle debaixo o seu número.

A gañadora foi a cor verde, así que xa sabiamos de que cor ían a ser os nosos números.

Avisamos ós compañeiros/as da outra clase para que non o incluisen na súa votación de cores.

En cada libro fomos pegando un número de cor verde...

 

Eran tantos que chegamos ata o número 83

 

 

Logo escollemos algúsn libros para estar "expostos" nos andeis, poñendo outro número igual en cada sitio.

 

Os demais quedan gardados nunhas caixas para telos ordeados.

 

Así queda agora a nosa biblioteca de aula, ordeada e de cor verde.

Estamos desexando que chegue o venres para poder levar os novos libros para casa.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.