Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Actividades sobre a Paz

Como todos os anos, no calendario escolar temos un día adicado á celebración da Paz, aínda que na escola trátase de potenciar e fomentar o desenvolvemento de valores moi conectados á paz, en cada momento da xornada, a partir de problemas e conflictos que xurden, de conversas, de xogos, nos distintos espacios e cos agrupamentos entre os nenos e nenas.

Para festexar este día tan especial, uns días previos á data, preparouse na nosa aula a partir de diferentes actividades.

Comezamos a elaborar un libriño, que incluía, debuxos e explicacións de cáles son os nosos mellores amigos (dentro da escola e fora) e por qué

 

 

 "Oscar, porque juega conmigo al pilla pilla".

 

 

Nos sacamos fotos con eles

E o libro tamén incluía unha canción da paz que aprendimos  e coa que traballamos a partir de distintas actividades de lecto-escritura.

Tamén fixemos unha portada, aproveitando a pomba como símbolo da paz, facéndoa coas pegadas das nosas mans e decorándolle as ás.

Ademáis, partindo do cadro "El Guernica", de Picasso,

e do que nel observábamos, chegamos a conclusións moi interesantes sobre a Paz, e o modo de conseguila na nosa escola, ademáis de achegarnos a unha obra de arte moi coñecida na nosa cultura e sociedade.

Individualmente cada un recreou o seu Guernica particular dándolle un pouco de colorido e alegría,

poñéndolle logo un marco, e se colocaron todos nos corredoiros para expoñelos,

Tamén levamos a cabo unha experiencia interciclos, con outras aulas de primaria, que consistiu en recrear o mesmo cadro en tamaño xigante, dividindo a tarefa entre os participantes.

Aquí estamos os de infantil, que por turnos imos aportando o noso granciño de area,

E así é como quedou finalmente,

Tamén asistimos a unha pequena celebración na sala de usos múltiples, onde os nenos e nenas de primaria e os de sexto, nos deleitaron con dúas obriñas de teatro, e rematamos a celebración cunha canción colectiva, que a profe de música nos ensinou, de Mercedes Peón.

Tamén enchemos o colexio de pegadas pintadas e decoradas e con mensaxes de paz.

Na nosa clase cando vimos todo o colexio cheo das pegadas non saíamos do asombro e todos buscábamos as que cada un pintara.

Cunha pegada tamén decoramos a contraportada do noso libriño e coas seguintes conclusións de cómo acadar e ter paz na nosa escola e nas aulas:

- sendo amigos.

- prestando xoguetes.

- querendo a todos.

- axudando.

- facendo regalos.

Creo que todos podemos alomenos cumplir un destes requisitos ¿verdade?, pois a seguir traballando pola paz!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.