Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Actividades e festa do Entroido

Este  curso en infantil decidimos disfrazarnos de cociñeiros xa que traballando e descubrindo sobre o corpo humán, decatámonos do importante que é para a saúde a boa alimentación e qué mellor que facer de cociñeiros por uns días.

A semana anterior á elaboración do noso disfraz, fixemos moitas actividades de presentación e coñecemento desta profesión, así como actividades de lecto-escritura, tamén relacionadas cos números, cantamos e contamos contos.

Con algúns destes traballos elaboramos un libriño individual que reflexase este traballo previo ao disfraz

Nel reflexamos actividades que primeiro facíamos en gran grupo dialogando e escribindo entre todos (das que non contamos con fotos):

- Decidimos e suxerimos qué necesitabamos para elaborar o noso disfraz, así como as roupas e ferramentas do cociñeiro, elaborando un listado.

-Eliximos cada quen a ferramenta que quería facer e nos anotamos nun cadro, para ó rematar sumar cántas ferramentas facían falla de cada.

-Escribimos libremente os nomes de todas estas cousas necesarias e as debuxamos.

-Nos debuxamos como cociñeiros.

-Xogamos a ser cociñeiros, preguntando e entrevistando aos compañeiros sobre o que nos gustaba comer.

-Seguimos as ordes do Meco, anotando cada día para casa o que facía falla traer posto e recortando e pegando cada día a foto de grupo disfrazado con esa prenda e escribindo  o seu nome no noso libro.

-Pensamos en lemas divertidos que escribir no noso gorro como por exemplo: "cociña ben", "come rico", "cociñeira boa", "comida deliciosa",....

-Eliximos de qué cor queríamos o noso mandil, de entre 5. Os nenos da outra aula de infantil encargáronse de facer o reparto entre as dúas aulas de xeito proporcional. Nós para non olvidarnos, pegamos a plantilla en pequeniño nun folio, escribindo a súa cor. 

E finalmente nos puxemos mans á obra coa elaboración do noso disfraz.

Aquí estamos cortando as bolsas de plástico coas que faríamos os mandiles

 

Unha vez recortados, a profe nos axudaba a graparlles e pegarlles o cinturón para atalos e nós os decorábamos con debuxos.

Aquí estamos pintando a nosa ferramenta

Para o noso gorro facíamos a medida, unha raia cunha plantilla e logo recortábamos

Para acabar decorándoo con gomets e escribindo o lema nel

Ademáis nesa semana axudamos a decorar o colexio pintando caretas e antifaces

e seguimos as ordes do Meco vestíndonos do que mandaba. O primeiro día fomos nós os de infantil os que decidimos que mandaba o meco, aquí estamos decidindo entre todos.

 

Finalmente eliximos que debíamos vestir un mandil.

Cada día líamos no cartel o que debíamos traer ao seguinte día e o escribíamos para casa,

Mirade qué guapos estamos o resto dos días:

Con sombreiro

 

con zapatos diferentes

 

Con pixama ou bata.

E por fin o día do desfile, co noso traxe de cociñeiros e cociñeiras!!

Ese día, fixemos o desfile e o pasamos moi moi ben. Xa no pabellón bailamos ó ritmo da música

e logo nas aulas probamos doces típicos do entroido, xunto coas familias e xogamos todos xuntos.

E para rematar, 5 días de festa que nos esperaban!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.