Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Despedimos o curso buscando un tesouro seguindo as pistas

O último día de curso fixemos un xogo de pistas no que había que buscar un tesouro, nel participamos xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula.

Cada profe colleu por sorteo un sobre coa primeira pista e a tarxeta de cada equipo. Á profe Rita tocoulle o equipo dos Elefantes, á profe Merce o dos tucáns é o profe Óscar o dos golfiños.

O primeiro foi organizarnos por equipos, cada quen tiña o seu nome nunha tarxeta, pero os profes déronnolas todas mesturadas, así que cada quen tivo que ir buscando o propietario da tarxeta que nos deran por erro.

Estabamos todos e todas mesturados!

 

Ó final demos feito, e conseguimos organizarnos en tres equipos:

 

Os elefantes de cor verde

 

Os tucáns de cor amarela

 

Os golfiños de cor azul

 

Cada equipo comezou cunha pista, que nos ía indicando onde atopariamos a seguinte, a orde era distinta para cada equipo, pero ó final todos pasamos por cada un dos sitio.

Estas eran as pistas e os sitios onde había que atopara a seguinte, cada vez que atopabamos unha sentabamos todos xuntos para lela e así poder descifrala entre todos e todas

 

IDE MOI AMODIÑO

QUE A SEGUINTE PISTA ESTÁ 

ONDE FAN OS NIÑOS

OS PAXARIÑOS

 

 

 

A SEGUINTE PISTA ATOPARÁS

DENTRO DUN EDIFICIO 

QUE ESTÁ NO SEGUNDO ANDAR

 

 

 

CASE PERDEU OS CALZÓNS 

POR CULPA DUNHA MENTIRA

DENTRO DA SÚA COROA

ESTÁ A SEGUINTE PISTA

 

 

SE A SEGUINTE PISTA

A QUERES CONSEGUIR

BUSCA NO ORDENADOR

NOS XOGOS DE INFANTIL

 

No ordendor, nos xogos de infantil indicaba debaixo da fotografía de cada un dos tres animais o nome dun profe, así que tivemos que buscalo por todo o colexio para que nos dera a seguinte pista

 

 

 

SE NON TE QUERES MOLLAR

E A SEGUINTE PISTA ATOPAR

NO PATIO DE INFANTIL

TERALA QUE BUSCAR

 

 

 

A SEGUINTE PISTA A TEÑEN

UNS ANTIGOS COMPAÑEIROS

QUE AGORA MESMO ESTÁN

NA CLASE DOS DE PRIMEIRO

 

 

PARA QUE A SEGUINTE PISTA

POIDAS ATOPAR

NA SALA DOS MESTRES

TERALA QUE BUSCAR

 

 

PARA REMATAR O XOGO

E O TESOURO ATOPAR

XUNTADE AS VOSAS TARXETAS

COAS QUE TEÑEN OS DEMÁIS

 

Detrás de cada tarxeta había un número e unha flecha, todas xuntas seguro que nos marcaban o lugar onde estaba agochado o tesouro.

Entre todo fomos completando o camiño.

 

Era longuísimo, e había que ter coidado de poñelas en orde (tal como marcaban os números) porque senón seguro que nos levaba a un lugar equivocado.

 

Fomos seguindo o camiño que marcaban as flechas das pistas ata a zona das mochilas.

 

E buscando, buscando, atopamos una mochila que non era de ninguén, seguro que dentro estaba o tesouro.

 

E así era... un libriño para cada un: de princesa, peter pan, o libro da selva... cada quen escolleu o máis lle gustaba.

 

Pasámolo moi ben, pero acabamos moi cansos de tanto buscar pistas por todo o colexio.

 

Despedimos os compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro (MARTÍN, JESSICA, ANXO, ANXO, PABLO, DAVID e AROA) e damos benvida ós novos compañeiros e compañeiras de tres anos, que aínda non coñecemos.

Pasade un bo verán e... Ata o vindeiro ano!

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.