Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Facemos un cartel para a reunión de pais/nais

Un día o profe leunos unha nota que iamso levar para darlla ós nosos  pais e nais, o martes habería, pola tarde, unha reunión con eles.

Comezamos a falar de cando sería a reunión, que se facía nesas reunións, quen ía vir... Alguén comentou que seguro que querían ver a aula, sobre todo os dos novos compañeiros/as.

Pensamos que estaría ben facer un cartel para saúdalos e penduralo na aula, para que puidesen lelo cando viñesen pola tarde.

Primeiro pensamos, e escribimos, a lista do que iamos necesitar para facer o noso cartel. 

 

Unha das cousas que precisabamos era un papel grande. Como xa sabiamos onde buscalo, de cursos anteriores, fomos todos xuntos e trouxémolo entre todos e todos.

 

Houbo un pequeno problema na porta, porque non cabía, pero despois dun par de voltas descubrimos que poñéndoo de lado, e entrando con coidado pasaba perfectamente.

 

Logo entre todos e todas acordamos que "ía poñer no cartel", ó final demos escrito tódalas palabra no encerado.

 

Acordamos escribir "OLA PAPÁ E MAMÁ"

 

Logo entre todos e todas, por turnos, escribimos o mesmo texto no noso mural, con letras moi grandes.

 

Por último decorámolo con gomets, neste traballo as máis expertas eran as nosas novas compañeiras de tres anos... Rindo

 

Cada quen escolleu a cor e forma que quería pegar. Ó final con un pouco de axuda démolo rematado.

Para rematar cada quen puxo o seu nome como "autor" do mural.

 

Así de chulo quedou pendurado na parede.

 

Mirade que alto quedou... seguro que lles gustará ós nosos pais e nais.

 

Esta foi unha das moitas cousas que fixemos este comezo de curso, nuns días xa vos contaremos todo o que tivemos que facer para comezar o curso. 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.