Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Chegou o outono, celebrámo-lo Magosto

Coa chegada do outono, como cada ano, celebrámo-lo Magosto no colexio.

Comezamos por traer castañas que fomos amoreando na aula.

 

Fixemos o noso gorro para a "festa", feito de papel de xornal. 

 

E tamén o noso cesto de castañas, empregando unha plantilla.

 

O día da festa do Magosto, viñeron recoller as castañas nun cesto enorme, entre todo metímolas nel para que as levasen a asar, tal como miraramos que había que facer no conto dos Bolechas, que algúns xa coñeciamos do curso pasado.

 

Estivemos falando en investigando sobre de "onde viñan as castañas", e decidimos convertir a árbore da nosa aula nun castiñeiro con ourizos e todo.

Un equipo encargouse de facer as follas, como as que atopamos no ordenador. As follas dos castiñeiros teñen pinchos nos extremos.

 

Outro equipo encargouse de facer ourizos, con bolas de xornal onde fomos pegando cachiños de palliñas.

 

Pegámolo todo no noso castiñeiro

 

Decidimos poñer os ourizos na parte máis alta do castiñeiro, alí estarían ata que madurasen e se abrisen para que sairan as castañas, tal como contaba no video que miramos no ordenador.

 

Antes de celebrar o Magosto cos xogos e as castañas, asistimos na biblioteca do colexio a un teatro de "monicreques", que fixeran os compañeiros de quinto e sexto.

 

 

O día da festa estabamos todos listos, co noso gorro e cesto de castañas

 

Participamos nos xogos que había organizados nos pavillón, nos empezamos polo número 8, tiñamos que ir mirando o mapa para saber a que xogo nos tocaba pasar cando a profe Marga fixese a sinal.

En cada xogo habería compañeiros e compañeiras de sexto, para lembrarnos que había que facer, e que nos entregarían o premio se o conseguiamos. Tamén nos deron unha bolsa para ir metendo os premios que nos ían dando.

No xogo dos ratiños tiñamos que llevar millo por un circuito, levabamos postas unhas orellas de rato e o nariz pintado.

Como o fixemos moi ben dérononos para a nosa bolsa unha espiga de millo.

 

No xogo da vendima tiñamos que ir estoupando as uvas duns racimos que había colgados. Como as estoupamos todas déronnos unhas poucas que tamé metimos na nosa bolsa 

 

No xogo das setas  tiñamos que descubrir as setas velenosas, as de cor vermella. Como premio conseguimos unha seta.

 

No xogo das landras tiñamos que encestalas dentro das caixas que tiñan os "porquiños", para que puidesen comelas logo. De premio conseguimos unha das landras.

 

No xogo das tres en raía, tiñamos que empregar noces como se fosen as pezas do xogo.  Unha noz foi o premio que metimos na nosa bolsa.

 

Pintado cos dedos unhas lágrimas, demos remtado axiña o xogo  da granada, que tamén era unha froita do outono. Como premio déronnos un pedazo desa froita que metimos na nosa bolsa.

 

Facer un puzle de cabaza,  era outro dos xogos que había, demos feito algunha e gañamos un pedazo dunha cabaza. 

 

Por úlitmo no xogo das castañas e o castañeiro, tiñamos qeu recoller cun "cucurucho xigante" as castañas que nos ían tirando. 

Por suposto o premio deste xogo foi uha castaña.

 

Cando rematamos os xogos, no patio estivemos comendo as castañas que trouxeramos. Xa estaban asadas!, eran tantas que levamos unhas poucas para as nosas casas no noso bolso.

 

Ó día seguinte, cando recordamos o que fixeramos ordenamos os nosos "premios" segundo a orde na que os fomos gañando nos diferentes xogos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.