Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Polo magosto.....

Hai uns días andivemos de festa coa celebración do magosto e en torno a esta tamén fixemos outras actividades.

- Estivemos a facer un libriño no que a protagonista é unha castaña. Con esta actividade tivemos que recortar, debuxar, pintar con témpera e ceras, picar, escribir, enumerar (as páxinas do libro, ordear os textos,..)

 

         

                   

Como nos gusta tanto contar contos así llo poderemos contar aos amigos, pais, irmáns,...

- Asistimos a unha sesión de títeres na biblioteca do cole, feita polos nenos e nenas de 5º e 6º.

 

-Recibimos correo de Dora Lectora pedíndonos que a axudásemos cunha adiviña. Lle enviamos unha carta coa nosa resposta e agora estamos a elaborar as nosas propias adiviñas con axuda das familias.

-Participamos nos xogos do magosto o día da celebración e o pasamos moi, moi ben!

*Empezamos montando puzzles de cabazas.

 

*Tivemos que recoller nun cono as castañas que nos lanzaban.

 

*Xogamos a ser ratos que tiñan que recoñer grans de millo.

 

*Tivemos que estoupar globos que parecían uvas dun racimo enorme, simulando a vendima.

 

*Xogamos a atopar setas boas entre as malas (as venenosas).

 

*Tivemos que encestar nun caldeiro landras para os porquiños.

 

*Xogamos ao tres en raia  con avelás e noces.

 

*Pintamos cun dediño manchado en témpera vermella as lágrimas dunha granada.

Foron uns xogos moi divertidos todos e non o faríamos tan ben sen a axuda dos alumnos de 6º que, con moitísima paciencia nos explicaron os xogos e nos axudaban cando o necesitábamos. Gracias rapaces!!

 - Comimos as castañas asadas, que gardamos nas cestiñas feitas na clase. Como o tempo axudou puidemos estar todos xuntos no patio de fora.

 

 - Ó día seguinte do magosto, reflexamos nun mural o percorrido e os distintos xogos. Para iso:

*Recortamos as fotos.

*Emparellamos a foto do xogo co seu froito correspondente.

*Escribimos o máis representativo do xogo, como si lle puxéramos un título a cada un.

*Fixemos conxuntamente con axuda da profe un plano do percorrido, empezando no número 6 que foi o xogo no que comezamos.

Despois pasamos o plano a tamaño grande, escribindo os números e marcando o camiño a seguir.

*Pintamos ou pegamos gomets nos camiño que van dun xogo ao outro.

 

       

  

E isto é todo polo momento. Ata pronto!!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.