Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2007-2008) Así é a nosa aula ¿queres coñecela?

Este ano temos un aula moi grande na que podemos facer moitas cousas, se queres coñecela a continuación contámosche algunhas cousas sobre o día a día nela.

 

Na porta da clase temos unha foto na que estamos todos, rodeada dos nosos nomes para que todos saibades quenes somos.



 

Tódolos días un de nos é o encargado, para sabelo seguimos a lista cos nosos nomes. O que ten a flecha é o encargado ese día, o día seguinte será o que esté "debaixo" na lista.


 

Tamén temos una "casa" e un "colexio" que fixemos á comezo de curso, onde poñemos o noso nome para saber cantos estamos e cantos faltamos ese día.


 

 

O encargado ten que repartir os nomes ós demáis compañeiros, para que o poñan onde corresponda (casa ou colexio), logo todos xuntos contamos cantos estamos ese día na aula e cantos quedaron na casa.




 

 

O Encargado ten que poñer tamén o seu nome coas letras "soltas", para que todos saiban a quen lle toca ese día. Outra das súas funcións e buscar a tarxeta do día que corresponda onde veñen indicados os mestres que virán ese día á aula.



 

Tamén escribe o seu nome no encerado:




 
E marca no calendario o día que é, contando canto falta para as datas "sinaladas" e marcadas días atrás (aniversarios, festas, saídas...)

 


Á hora da merenda o encargado reparte as bandexas (cada unha ten o nome do dono) e cada un collemos a nosa merenda para tomala todos xuntos.

 

Algúns dos traballos que non levamos para casa ou que non están pendurados pola aula ou en murais gardámolos aquí.

Ó chegar penduramos os nosos abrigos nos colgadoiros, menos mal que ten cada un o seu nome senón  ¡Vaía lío se ía montar!. As mochilas gardámolas todas xuntas nunha cesta vermella.


 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.