Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Seguimos a descubrir cousas do espacio

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

 

Durante os días que pasaron desde que vos contamos como ía a nosa investigación sobre o espacio, continuamos a investigar e descubrir novas cousas.

Un día, pola mañá, Gabriel trouxo nova información, pero dentro dun aparato pequeniño, un pen-drive.

 

Enchufámolo no ordenador e descubrimos que dentro había videos sobre o espacio, mirámo-los tres por se atopabamos neles algunha resposta ás nosas preguntas.

 

E así foi, contaba moitas cousas sobre os meteoritos e as estrelas fugaces, que eran xusto dúas das preguntas que nos faltaban por investigar.

 

Así que decidimos organizarnos, tras face-las fotosdos dous equipos coa webcam e pegalas na folla da investigación...

Un equipo encargouse de investigar as ESTRELAS FUGACES e os COMETAS.

Ademáis de todo o que contaban nas películas, atopamos moita información nos libros.

 

Como no podíamos cortar os libros fixemos varias fotocopias para pegar na nosa folla da investigación.

 

Descubrimos que os cometas estaban feitos de xeo, e que as estrelas fugaces non son realmente estrelas, senón pequenos cachos de rocha que ó "chocar cosa nubes" deixan unha estela, por iso brillan e parecen estrelas con cola.

 

O outro equipo investigou sobre os meteoritos, descubrindo que eran pedazos de rochas que ó chocar contra os planetas facían un burato nel, que se chamaba CRATER.

 

Descubrimos que na clase tiñamos un mural dos dinosaurios onde se podía ver como un meteorito chocaba coa terra... seguro que por culpa dese meteorito xa non queda ningún.

 

Así quedou a folla da nosa investigación sobre os meteoritos... sabías que tamén poden estar feitos de ferro?, e que a lúa está chea de cráteres porque chocaron moito contra ela?. Na terra tamén hai cráteres pero como temos árbores e hai vento as veces case nin se distinguen.

 

Os compañeiros/as da outra aula foron investigando as súas preguntas, e pouco nos queda xa para atopar a resposta a todas.

 

Como cada semana, o venres xuntámonos para explicarlles o que descubirmos sobre os meteoritos e as estrelas fugaces, e eles contáronos o que descubriran sobre as galaxias, os planetas e "as casas no espacio".

Como sempre anotamos un SI ó lado de cada pregunta da que atopamos resposta.

 

 

Lembrades que fixeramos un sol xigante, a terra e a lúa, que penduramos no corredor?.  Pois os compañeiros e compañeiras da outra aula completarono cos planetas que foron descubrindo, pero como era moito traballo decidimos axudalos facendo nos tamén un planeta.

Fixemos a XÚPITER, buscamos no ordenador como era e vimos que tiña unhas "bandas" de cor marrón e amarelo e o fondo era branco ou gris... seguro que eran as nubes... ata había un tornardo enorme.

 

Xa temos tódolos planetas pendurado no corredor, desde MERCURIO ata PLUTÓN, de máis preto a máis lonxe do SOL.

No teito temos posto o nome de cada planeta, para que todo o mundo saiba como se chama, e ata temos ós nosos compañeiros da outra aula dentro dunha cohete... nuns días xa vos ensinaremos como é o noso cohete e por onde o imos a poñer voando.

 

E por fin puidemos ver a Dale Garner, o astronauta que os compañeiros/as da outra aula fixeron cando investigaban os astronautas.... debaixo está o esqueleto, pero non llo contedes a ninguén... é un segredo.

 

Lembra que tes máis información sobre a parte deste proxecto que están a levar a cabo os compañeiros/as da outra aula no Recanto de Infantil 2.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 5 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras