Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Visítannos os compoñentes do Observatorio Astronómico de Forcarei

Como xa sabedes o pasado venres 16 tiñamos programada a saída ao observatorio astronómico de Forcarei, pero debido ao mal tempo que tivemos ese día, aplazouse para a volta das vacacións de Nadal.

Sin embargo, debido á boa disposición do equipo que forma parte do Observatorio, decidiron ser eles os que nos visitaran a nós e contarnos algunhas das cousas que estaban preparadas para ese día.

Así que, xunto cos compañeiros da outra aula de Infantil e cos nenos e nenas de primeiro, os recibimos.

Aquí está Ana, que tamén é mestra na Universidade, contándonos moitas cousas sobre o Sistema solar.

Ana estivo a ver previamente o traballo que nós levamos a cabo nestas semanas co noso proxecto para complementar a súa exposición, que resultou moi amena e que acompañou con moitas fotos a través do ordenador e o cañón e proxector.

Ela nos falou do Mago Merlín, que nós xa coñecíamos porque todos xuntos víramos uns días antes un trozo da película de Disney.

Pois resulta que Merlín, ademáis de mago tamén era científico e sabía moitas cousas sobre o universo.

Quén sabe se algún día nos da por investigar sobre os científicos.....

Ademáis, Ana  e os compañeiros trouxeron un Sistema Solar chulísimo onde se vían tamén as constelacións e no que os planetas xiraban máis rápido ou máis despacio cada un en función de si estaban máis preto ou máis lonxe do sol.

Quedamos moi sorprendidos ó ver cómo a lúa xiraba ó redor da terra ao mesmo tempo que a terra xiraba ó redor do sol. E como os planetas que están máis lonxe do sol tamén se movían pero tan despacio que semellaba que non.

Ademais, as pedriñas que tiñamos que levar ao observatorio as usamos xa, pois eran para facer cráteres na lúa....

Ana simulou a parte externa da lúa, nunha cubeta con fariña, colacao e laca, e nós tiñamos que lanzar a nosa pedra, que en realidade era un "meteorito" e chocaba contra a lúa, facendo ese gran burato chamado "cráter".

Qué divertido! Tomade nota na casa, que podedes facelo con nós.

Así que polo momento desfrutamos dunha primeira parte e cando cheguemos das vacacións remataremos esta saída tan interesante no propio observatorio.

Qué gañas de ir!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.