Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Facemos un postre moi especial- Traballamos a receita

Á volta das vacacións, como remate do proxecto do espacio, decidimos por en práctica unha idea que viña nun libro dos que trouxemos para acadar información. E consistía en facer unha tarta cohete.

Así é como quedou a nosa "tarta" pero hai un antes, un traballo previo, e un despois, un traballo posterior á receita, ademáis do propio proceso de elaboración.

O traballo previo  consistiu en:

-Dictado dos nenos/as á mestra dos ingredientes da receita. Que posteriormente copiamos individualmente (os nenos/as de 4 e 5).

Ademáis, recortamos as imaxes dos ingredientes e as pegamos nun cohete, para non olvidarnos. 

              

                          

-Eliximos unha das froitas que precisabamos, e nunha nota para casa escribimos o seu nome para traela.

-Contamos cántas unidades había de cada un dos ingredientes, dunha clase e doutra, sumándoos e traballando conceptos de cantidade como máis-menos, moitos-poucos, un-ningún.

-Vimos libros de receitas, diferenciando as súas partes: fotografía, título ou nome, listado de ingredientes, pasos da elaboración.

O encargado do día elixiu unha receta ca cal traballaríamos individualmente para diferenciar as súas partes, e apuntou a páxina para poder fotocopiala a profe,

así que tamén fixemos estimacións sobre qué número podería ser.

Cando chegou o momento da elaboración, xuntámonos xunto cos compañeiros de infantil 2 para pensar cómo nos podíamos organizar e comezar

Un neno propuxo facer equipos para distintas tarefas.

-Cortar a froita, previamente lavada ou pelada. E despois pegala sobre a nutella.

 

-Un equipo para untar a nutella sobre o papel alumnio que cubría o cohete de cartón.

Outro equipo para mollar as galletas en leite e pegalas na tarta.

E por fin o momento esperado! O da merenda...

Ese mesmo día, para poder contar e amosar con detalle cómo fora a experiencia, levamos para casa unha foto da tarta, explicando brevemente (a través de escritura libre, según o ritmo individual de cada un) o que fixemos.

3 anos ("tarta cohete")

4 anos ("fixemos unha tarta muy rica pa toda a clase").

4 anos ("me gustan las gominolas y las fresas").

5 anos ("fixemos unha tarta moi rica").

-Traballo posterior 

Hoxe, á volta da fin de semana, xuntámonos para facer a receita de forma conxunta nun mural con forma de cohete, como resumo da actividade e colocalo no corredoiro para informar aos demais nenos do cole.

Escribimos e pegamos a lista dos ingredientes.

E secuenciamos  o proceso, cada paso co número e fotografía correspondente.

Así nos quedou

Ademáis estes días faremos actividades de lóxica-matemática, escritura libre e expresión oral como:

-Secuenciar temporalmente o proceso con fotografías.

-Escribir cada un dos pasos (nenos de 4 e 5 anos).

-Reflexar nun gráfico ou cadro as cantidades.

-Describir receitas elixidas do libro de receitas, inventándonos un nome ou título.

E isto é todo. Desfrutamos moito facendo a tarta e coméndoa e ademáis aprendimos moito!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.