Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Nos disfrazamos de astronautas

Nos días pasados celebrouse no cole o desfile do entroido. Nós, como sabedes, nos disfrazamos de astronautas, ó igual que o noso "esquelete".

 

Así que nos días previos ao entroido estivemos preparando o noso disfraz.

Como xa sabíamos moitas cousas sobre os astronautas, pola nosa investigación, só tiñamos que elixir un modelo de traxe para facer..

Pensamos entre todos qué necesitaríamos facer, e aproveitamos para escribilo nun pequeno libriño que despois levaríamos para casa, sobre o noso disfraz.

Así é como quedou plasmado, pasado o desfile.

Tamén tiñamos que pensar qué material poderíamos necesitar para elaborar o noso disfraz.

A profe amosounos varios modelos de disfraces que atopara en internet, así como insignias, bandeiras...  e nos puxemos mans á obra.

Cortamos a bolsa que sería o noso traxe.

-Debuxamos  moitísimas insigias  así como bandeiras, que pegaríamos polo disfraz.

E nos axudamos uns aos outros a pegar os cinturóns, os tirantes, insignias,...

As mochilas as fixemos coas caixas. Primeiro probamos a pintalas con témpera branca

pero non quedaba ben de todo así que as envolvimos con papel branco de embalar.

Tivemos que decorar as nosas mochilas tamén, cunha insignia máis grande, bandeiras,... así como con aironfis plateado para facer os botóns.

Tamén fixemos os tubos que irían do traxe á mochila

O día do entroido estabamos emocionadísimos por desfilar co noso traxe tan chulo.

 

Desfilamos, bailamos e por suposto comimos moitas cousas ricas típicas do entroido!

 

 

Á volta das vacacións, recordamos todo o que fixéramos plasmándoo nun libro.

Recortando fotografías do proceso de elaboración do traxe así como a fotografía de todos nós disfrazados,

debuxando o noso traxe, para recordar como era.

E engadindo os listados do material utilizado e das partes do traxe para facer. 

Gustounos moito disfrazarnos de astronautas e con isto sí que damos por rematado o proxecto do espacio!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.