Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Proxecto Cabaleiros- chéganos información

As visitas polas clases de primaria informando do noso novo proxecto están dando os seus resultados pois algúns compañeir@s de primaria achegáronse á nosa aula a contarnos cousas.

Os alumnos de 5º de primaria buscaron información na clase e algún tamén na casa e viñeron a contarnos algunhas cousiñas sobre os xoguetes da época medieval e sobre o estilo de vida desa época.

Ademáis nos trouxeron un axedrez pois na época dos cabaleiros tamén xogaban a este xogo de pensar e desenvolver estratexias.

Ademáis, dous nenos que xogan habitualmente, viñeron esta semana un ratiño a explicarnos en qué consiste o xogo, e cómo moven cada unha das súas pezas.

Moitas gracias rapaces!

Con esta información que nos trouxeron, o equipo correspondente plasmouno nunha cartolina que formará parte do noso libro ó final do proxecto.

Así descubrimos que a maioría dos seus  xoguetes tamén os temos nós pero feitos con outros materiais, por exemplo, os silbatos da época medieval os facían con terra cocida, o que coñecemos por barro. Hoxe podemos desfrutar de silbatos de moitos e variados materiais.

Outra colaboración importante foi a de Dora Lectora. Escribeunos unha carta onde nos contaba que estivo na Feira Franca pasada, que se celebrou en Pontevedra, unha festa onde hai moitos cabaleiros, damas, dragóns,... e nos mandou algunhas fotos que fixo.

Esta información tamén a organizaremos en función das preguntas ás que lles esteamos buscando resposta.

Moitas gracias Dora por axudarnos. Dentro de pouco iremos pola biblioteca en busca de máis información.

Por outro lado, un neno de 1º curso, Martín, deixounos un conto e trouxo un escudo e unha espada de madeira  e deunos unha pequena explicación. Estaba moi emocionado de poder transmitirnos o que sabía sobre este tema!

Gracias Martín!

Ademáis na clase todos estamos participando moito e traemos libros, contos, figuras, dvds,...

 

E así é como está quedando o noso recanto do proxecto.

A primeira pregunta ¿EN QUÉ ÉPOCA VIVÍAN? xa está contestada e ademáis descubrimos cousas desa época, moi diferentes da nosa.

Agora pasaremos á seguinte!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.