Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Fomos ó teatro e visitamos un museo

O pasado 21 de maio, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, os de 1º e a escola de Cerdeiras, fomos de excursión para asistir a unha obra de teatro titulada "Bicharada" e ó museo sobre as "orixes do home". 

 

Coma sempre viaxamos en autobús cos cinturóns ben abrochados.

 

No teatro estabamos xunto a outros colexios. 

 

A obra de teatro foi divertidísima. Nela puidemos ver un escarabello, unha formiga e unha araña que  "falaban raro" e que tiñan problemas de "convivencia". 

 

Á saída fomos entrevistados por unha periodista para un programa de radio. 

 

E xa na porta, atopamos unha estatua de Valentín Paz Andrade, xunto á outros "amigos". 

 

Merendamos na Alameda de Pontevedra deixándoo todo recollido. 

 

Logo xogamos nos columpios do parque. 

 

De camiño ó museo recorremos un camiño "marcado no chan".

 

Aqui estabamos diante do museo sobre as "orixes da humanidade"

 

Nel contáronnos moitas cousas interesantes sobre a evolución humana. 

 

Ó día seguinte, xa de volta no colexio, quixemos plasmar a nosa viaxe nun mural, para que todos a coñeceran...

Estivemos buscando onde colocalo e chegamos á conclusión de que na porta era un bo sitio. Para saber que pedazo de papel iamos necesitar, estivemos falando como poderiamos calculalo, ata que alguén chegou á conclusión de que poderiamos medilo empregando bolígrafos.

 

Contamos cantos cabían, e traspasamo-la cantidade a un papel ... xa sabiamos por onde tiñamos que cortar.

 

Dialogamos sobre a viaxe, tentando lembrar o que sucedera nela e cal era a orde en que "pasou cada cousa". Nalgúns casos estabamos dacordo, noutro tivemos que falalo un pouco para acordar como facelo.

Un dos equipos encargargouse de escribir os textos dos lugares polos que fomos pasando e das cousas que vimos.

 

Outro de buscar no ordenador as fotografías, ordenalas no mural nun "itinerario" desde a saída do colexio ata á chegada de novo ó centro.

 

E así quedou o noso itinerario rematado

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.