Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

PFPP - Seminario 2

2022-2023 TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ALUMNADO

Seguindo co noso proxecto da biblio : " LENDO EMOCIÓNS ", esta vez foi o turno do alumnado, guiados da man de Gloria Fontán

O alumnado dende infantil ata 6º de E.P. participou nunha serie de actividades dirixidas ao recoñer, entender, e actuar ante as emocións que sentimos a cotío...

Tamén Gloria lles propuxo algunha actividade de traballo en grupo, e resolución de problemas...

E, para rematar, un reto para facer en grupos...

Cómo conseguir facer o cadradro máis grande con 8 folios...

Algunhas das solucións que aportaron foron XENIAIS!!!

(2022-2023) XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL

Dentro do proxecto de biblioteca " LENDO EMOCIÓNS " e tendo en conta a necesidade de favorecer o benestar emocional na nosa comunidade educativa, estamos organizando unha serie de programas dirixidos ao profesorado, alumnado e familias.

Dada a importancia e relevancia que temos na educación do alumnado, consideramos necesario dotarnos de ferramentas e recursos para establecer unhas relacións interpersoais baseadas no respecto e nunha boa xestión das emocións.

Comezamos os profes cunha xornada de formación impartida por Gloria Fontán, do gabinete GAPEFA...

O obxectivo principal é potenciar o desenvolvemento das competencias da intelixencia emocional necesarias para mellorar oo benestar emocional.

Perseguimos tamén mellorar o autocoñecemento, favorecer a autoregulación emmocional, aumentar a autoestima, xerar empatía etc...

A metodoloxía está baseada en actividades de debate e reflexión, role plays, xogos etc...

EXITO rotundo na primeira sesión co profesorado!!!!

(2021-2022) Materiais elaborados no seminarios sobre “experiencias inclusivas"

De seguido, como adxunto, podes descagar as dúas Unidades Didácticas Integradas, tituladas "Inclúeme: unidos na diversidade"; que foron elaboradas neste seminario sobre "prácticas inclusivas no centro". Unha delas para Educación Infatil e outra para Educación Primaria.

Estas UDIs poden atoparse tamén como compartidas en Prográmame-udis de recursoseducativos.net (co usuario ceippedroantoniocervino)

Tamén podes ver a posta en práctica na aula dalgunhas das propostas, alí indicadas, nas seguintes entradas publicadas nesta mesma web:

(2021-2022) Dispoñible, no apartado documentación, a presentación e material da poencia sobre patios dinámicos e inclusivos.

Podes descargar o material e a presentación deixado por Elvira Fernández, na súa ponencia sobre "Patios inclusivos e dinámicos", no botón "documentación" que podes atopar na parte superior.

Tamén podes facelo directamente nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1585

(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE

O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.

Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes. 

    

Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.

     

Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel. 

 

  

    

Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM: (2021-2022) Obradoiro coa ONCE: can guía

(2020-2021) Unidades Didácticas Integradas para a posta en funcionamento da radio escolar (elaboradas no seminario)

De seguido podes descargar as Unidades Didácticas Integradas, elaboradas no Seminario de radio escolar (PFPP 2020-2021).

(2020/2021) Documentación docencia Javier Prado sobre radio escolar

De seguido podes descargar a información e material aportado por Javier Prado Espiñeira, sobre a Radio Escolar e a súa función didáctica:

Web de "EScolas Pola Radio":

Presentación completa

  

   

(2020-2021) PFPP - O profesorado fórmase nun seminario sobre a radio escolar no centro

O 5 de maio o profesorado do centro participou na primeira docencia, a cargo de Javier Prado, dentro do seminario sobre a radio escolar, que forma parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP).

Nesta primeira xornada presencial no centro, deixamos xa listo o equipamento da radio, que nos vindeiros días comezaremos a usar co alumnado como ferramenta educativa.

      

Comezamos tamén a facer as primeiras prácticas para aprender a usar todo o equipamento, da recén estrenada radio escolar.

    

A vindeira semana terá lugar a segunda, e última, docencia presencial deste seminario.

    

(2019-2020) O profesorado do colexio fórmase sobre a radio escolar e a súa finalidade didáctica.

O 4 de marzo os mestres a mestras do CEIP Pedro Antonio Cerviño participaron nunha formación, que tivo lugar no propio centro, sobre o "uso didáctico da radio escolar".

A sesión de traballo, enmarcada dentro do Seminario "E-Dixgal" do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro, contou coa presenza da meirande parte do profesorado; quenes asistiron á docencia  de Javier Prado Espiñeira.

Despois de descubrir como pode empregarse a radio escolar nas aulas, con finalidade didáctica, chegouo o momento de poñelo en práctica en primeira persoa.

Agradecemos a Javier Prado Espiñeira a fantástica sesión que nos propuxo, así como as experiencias tan enriquecedoras que nos relatou.

Agardamos poder poñer moi pronto en funcionamento a nosa propia radio escolar, dentro das actividades enmarcadas no PlanBE da Biblioteca Escolar.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.