Programas emitidos e emisión en directo
Radio O Cervo dixital
Benvidos e benvidas ao sitio web de "Radio O Cervo". A radio escolar do CEIP Pedro Antonio Cerviño. De seguido podes escoitar tódolos programas emitidos e acceder á emisión online en directo.
As emisións online (en directo), durante o curso escolar, están previstas para o primeiro luns lectivo de cada mes, en horario de 12:00 a 12:30 horas aproximadamente. Todas as emisións son publicadas posteriormente neste mesmo apartado.
Coñece o noso estudio de radio
(2023-2024) 30-1-2024 - O mellor guerreiro do mundo
Polo Día da Paz o alumnado de 3º e 4º de primaria gravou na nosa radio o conto: "O mellor guerreiro do mundo".
Agardamos que vos guste!
26-1-2024 - Entrevista sobre o bosque Atlántico a Xiana Albor
Entrevista sobre o bosque Atlántico a Xiana Albor, realizada polo alumnado de 3º e 4º de primaria.
(2023-2024) 20-12-203 - Rap do Nadal en galego
Aproveitando que en lingua galega estamos a traballar os xéneros literarios, en concreto a lírica (poesía), os alumnos/as de 5º e 6º inventaron un rap para o festival de Nadal. Despois de crear os nosos versos e estrofas, dirixímonos á radio escolar para gravar a canción. A continuación compartimos un breve fragmento da nosa composición. Esperamos que vos guste!!!
24-10-2022 - Entrevista a "Sofía" dos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º
De seguido podes escoitar, a entrevista que realizaron os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º a Sofía, ex-alumna do noso colexio.
14-06-2022 - O Conto da Mosca Chosca de Educación Infantil
Relato contado polos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Emitido en directo o 14 de xuño de 2022.
18-05-2022 - Fake news de 5º e 6º
Informativo creado polos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria. Emitido en directo o 18 de maio de 2022.
5-4-2022 - Entevista a David Domínguez e poemas
Entrevista relizada a David Domínguez (@redmeteo) e recitado de poemas, polo alumnado de terceiro e cuarto de primaria
9-3-2022 (programa de radio) - O 8M contado por 1º e 2º
O 9 de marzo, emitiuse en directo (12:00 a 12:30) este progam, creado polos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, sobre o 8M.
17-05-2021 Día das Letras Galegas: Xela Arias
Programa de radio realizado por alumnado de 5º e 6º de primaria en homenaxe a Xela Arias.