Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2022-2023) Remata un novo curso. Vémonos en setembro.

Agora que remata o curso 2022-2023, chega o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán na nosa aula o vindeiro curso.

       

O vindeiro curso teremos novos compañeiros e compañeiras, que se unirán á nosa aula. Pero ata entón queremos desexarvos un fantástico verán.

   

Grazas ás familias pola súa colaboración ao longo deste tempo.

Vémonos en setembro!!

  

  

(2022-2023) Antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Recolleitamos as nosas cenorias. Despois do moito que as coidamos ao longo das semanas, conseguimos unha colleita enorme. 

   

Cada un de nós pudo levar unha chea delas para casa. De seguro que estarán boísimas.

 

     

Rematamos o noso dicionario xigante, e os nosos dicionarios individuais (que xa levamos para casa), coas palabras favoritas elixidas entre todos e todas.

   

Preparamos a exursión ao Grove, que xa vos contamos nunha entrada anterior. 

     

Traballamos nocións temporais e espaciais cos Ozobots, uns dos robots que temos na aula. 

   

Creamos os boletíns de auto-avaliación "As novas da escola", que xa tedes nas vosas máns, onde reflexionamos sobre todo que sucedeu ao longo deste terceiro trimestre.

  

Participamos co noso vídeo sobre a contaminación no "Cervi Fest", organizado no Centro, que xa che amosamos na entrada correspondente, sobre o noso proxecto de investigación e traballo.

     

Participamos nunha sesión de contacontos fantástica...

   

... e en varios obradoiros, nos últimos días do curso. 

     

Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; un tesouro escondido seguindo as pistas e superando "retos emocionais".

   

    

Despedimos aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e aos de sexto que estarán o vindeiro curso no instituto, na celebración da "graduación".

Cun baile no que participamos todos e todas... 

   

... e recibindo un agasallo de despedida. 

    

Velaquí tedes o vídeo que amosamos para despedirnos de infantil.

(2022-2023) Rematamos o noso proxecto de investigacións sobre os coches e os camions. Xa podes ver o dosier individual.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

08/06/23: (2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos? 

  

Tal como xa vos contamos anteriormente, e que podes ver nas entradas publicadas anteriormente, tan só nos quedaba por rematar o dosier individual da investigación, onde cada quen plasmaría todo o que descubrimos na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Ao longo dos días fomos completando cada unha das partes do mesmo.

    

Nalgunhas ocasións lembrado, tras un diálogo, as respostas que atopáramos e noutras consultando mural da investigación, que contiña tódalas repostas.

O propio lap-book e o vídeo, elaborados como produtos finais do mesmo, serviron tamén para lembrar todo o que aprendéramos.

   

Despois de varias semanas por fin rematamos os dosieres, xunto a tempo de poder levalos para as nosas casas, e dar por rematado o proxecto de investigación.

       

Agora tan só nos queda pegar o mural da investigación no corredor, para que todo o mundo poida velo e consultar o que descubrimos.

     

Así quedou o dosier da investigación, unha vez rematado. Velaquí un exemplo do mesmo.

(2022-2023) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán

No mes de xuño, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos neste mes, ou nos meses de vacacións, cando non sería posible celebrarlos lo no colexio.

Por esa razón, nesta última celebración do curso, os homenaxeados e homenaxeadas eran unha chea.

Coa axuda de todos e todas prepararon unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras das súas aulas, preparáronlle as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas. Tamén decoraron a súas coroas de aniversario.

    

Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

      

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

     

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleanos feliz" e "parabéns para ti".

Así o fixeron os compañeiros e compañeiras que cumprían 5 anos.

     

E así o compañeiro que cumpría 6 anos, neste caso en verán.

 

    

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

    

Estaba boísima!!!

       

Rematamos esta última festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.

   

(2022-2023) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"

Despois de varios cursos sen poder facelo, por mor das restriccións pola "pandemia da COVID-19", por fin este curso puidemos volver a recibir a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estarán o vindeiro curso nas nosas aulas.

Preparámoslle uns marcos de agasallo días antes da súa visita, que tiñamos anotada no noso calendario oline.

 

 

Cada un dos equipos de cada unha das dúas aulas, foi creando un marco para o "neno/a", que estaría con eles e elas o día da visita. 

 

     

Cando por fin chegou o gran día, o primeiro que fixemos, tras recibilos foi facernos unha foto de grupo todos xuntos e xuntas. E reencontranos coas nosas profes de cando eramos "máis pequenos".

 

        

Na biblioteca, os compañeiros e comapañeiras de 1º e segundo, tíñanlle preparada unha sorpresa fantástica, organizada pola profe Zaira... un conto fantástico, ademais de regalarlle un ratiño de la, que fixeran eles/elas mesmos/as.

         

De volta nas aulas, xa por equipos, pegamos a fotografía de grupo e decoramos o marco con pegatinas, xunto cos futuros compañeiros e compañeiras, para que puidesen levalo o máis bonito posible.

     

Sen esquecernos de escribirlle detrás o nome de cada un, para que non se mesturaran.

      

Xa co marco rematado, chegou o momento de xogar todos xuntos e xuntas no patio.

     

Pasámolo xenial... As profes da "Galiña" convidáronnos a uns "pauciños de pan", que compartimos  entre todos e todas.

 

     

E finalmente chegou o momento da despedida... verémonos despois do verán, cando sexades compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e Infantili 2.

     

Grazas pola visita, o curso que ven repetirémola de novo.

   

(2022-2023) Visitamos a aldea Grobit, o acuario e viaxamos en barco na nosa excursión ao Grove

O 12 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, viaxamos ata O Grove na excursión de fin de curso, en xornada de mañá e tarde.

A primeira hora montamos no autobús, e comezamos a nosa viaxe para chegar ata o Grove.

  

Cando chegamos ao porto do Grove, xa estaba agardándonos o barco (catamarán), no que íamos facer unha viaxe pola ría de Arousa.

   

Puidemos ver algún golfiño, as bateas, gaivotas e... ata o fondo mariño.

      

Cando baixamos do barco, chegou o momento facer unha parada para tomar a merenda, antes de encamiñarnos ao noso seguinte destino.

   

O autobús levounos ata a Illa da Toxa, onde despois de camiñar un anaco, chegamos ata a máxica "Aldea Grobit", onde había unhas casas moi curiosas e columpios.

    

Chegada a hora, comimos a nosa comida de modo autónomo, dentro da propia aldea...

 

      

No camiño de volta ata o autobús, para poder viaxar ata o acuario, atopámonos con varios burros que vivían por alí.

    

Xa no acuario, coñecimos a Yara, a que sería a nosa guía durante a vista.

 

  

Fomos percorrendo as diferentes salas, aprendendo unha chea dos peixes, e outros animais mariños que había no acuario.

 

  

Ata nos atopamos cos peixes paiaso, ciruxáns, cabaliños de mar... e ata pirañas. Incluso puidemos tocar unha estrela de mar.

   

E, por suposto, puidemos ver algún tabeirón, o que estabamos desexando desde que chegamos.

    

E deste xeito, rematamos a nosa visita ao acuario e montamos novamente no autobús para voltar ao colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias. 

  

Pasámolo xenial, divertímonos moitísimo e aprendimos unha chea.

    

(2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

   

Unha vez rematada a fase de investigación, que podes ver nas entradas antes mencionadas, chegou o momento de convertir todos eses descubrimentos, nos produtos finais que nos plantexaramos ao comezo da investigación:

  • Crear un Lap-book sobre o descuberto dos coches e os camións.
  • Crear un vídeo-documental sobre o descuberto en canto á contaminación dos coches e dos cambios, e as alternativas para evitala.

Así creamos o noso Lap-book, onde contamos todo que descubrimos na investigación, respostando ás preguntas pantexadas, e partindo o que xa coñecíamos.

   

Pouco a pouco fomos creando cada unha das partes do mesmo, ata que demos rematado co traballo

 

   

Dentro do lap-book, ademais dos tipos de coches e camións, tipos de coches segundo o seu "combustible", e explicar o que é un taller... tamén incluímos o noso propio carnet de conducir; agora que xa sabemos como se pode conseguir un.

   

Os nosos Lap-book, xa rematados, quedaron así de fantásticos:

   

    

O outro dos productos finais era crear un "documental" sobre a contaminación dos coches de combustión, e as solucións que se nos ocurrían para evitala. Este vídeo está tamén no noso lap-book, cun código QR, para poder velo cando queiramos.

Despois de acordar o que diríamos, depois de todo o que descubrimos, e quen o diría, gravámonos diante dun chroma verde.

       

Cada quen foi escollendo que poñer no fondo verde da súa parte, que tivera relación que que dicía e, entre todos e todas, que textos (títulos) engadir, así como a música que debería aparecer cando fose necesario.

   

Este documental sobre a contaminación, unha vez rematado, quedou a así de xenial:

       

Estamos aínda dando os últimos retoques ao dosier da investigación, onde estamos a reflectir todo o descuberto, que xa temos no mural da investigación, e que levaremos para casa nos vindeiros días.

Deste xeito remataremos este proxecto de traballo e investigación, contarémosvolo moi pronto neste mesmo blog.

        

   

(2022-2023) No mes de maio tamén sucedeu todo isto

Durante o mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

28/05/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio 
11/05/23: (2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo? 
08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final. 

    

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

     

Continuamos a usar o composteiro do colexio, cos restos das nosas merendas.

     

O "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais están a punto de estar completos, coas nosas palabras favoritos.

     

cabana de bimbios xa está chea follas... xa podemos entrar nela e usala.

    

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

     

Celebramos o día das Letras Galegas, facendo un mural de libros en galego (de autores homenaxeados nesa data), para presentalo no día "de Lecturas na Carballeira"

  

   

Comeza os a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, unha nova "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

   

Fixemos un "ourizo lapiseiro" como regalo para as nosas nais.

   

 Continuamos a coidar as cenorias  que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... puxéronse enormes

    

Antes de rematar o curso, no mes de xuño, teremos moito que contarvos, como sempre neste blog.

   

(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio

No mes de maio, cumpría anos a nosa compañeiras VALENTINA. Coa axuda de todos e todas ía preparar unha tarta para convidar a todos e todas nunha fantástica festa.

Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedou fantástica. Tamén decorou a súa coroa de aniversario.

   

A homenaxeada escolleru do libro de receitas a súa tarta favorita.

   

cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou,  con axuda dos compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, a tarta seguindo os pasos da receita elixida. 

     

Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.

    

Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleanos feliz", nesta ocasión en inglés-

    

E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.  

  

Rematamos a festa con zume, algunhas patacas fritidas e gusanitos.

   

No mes de xuño, o último do curso, celebraremos tanto os anivesarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no mesmo, como daqueles que o farán ao longo do verán.

Como sempre poderedes velo publicado neste mesmo blog.

    

(2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo?

No mes de abril, un novo experimento foi o que nos fixo pensar e dialogar sobre o que se podía facer cun vaso, cun cartón e auga... cada quen plantexou as súas hipóteses do que se podía facer e que sucedería.

 

Cada un dos equipos, empregou o diálogo, para chegar ao acordo de como levar a cabo o experimento, participando todos e todas. O cartón quedaba pegado e a auga non caída do vaso.

   

Puxéronse mans á obra para seguir os pasos do mesmo e conseguiron repetir o resultado.

 

      

O equipo CABALO, encargado de grabar o video explicativo deste experimento, creou o panel de materiais para usar no mesmo. Tamén acordou as funcións de cada un e que dirían para explicar o experimento.

   

Así de xenial quedou o noso vídeo contando como facer este experimento. Que che parece?

      

Plasmamos este último experimento do curso no noso caderno de campo.

     

Avaliamos o traballo en equipo usando os paneis de "auto-avalición figuroanalóxica", acordando entre os e as integrantes do equipo que "cariñas poñer".

     

Podes ver os anteriores vídeos que creamos,  de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

  

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.