Normalización Lingüística

Visita do Apalpador

O Mundo do Viño

"As estacións de Manuel María"

Cando a Real Academia Galega propuxo a Manuel María coma o persoeiro ao que adicar as letras galegas do ano 2016, soubemos que tiñamos por diante un ano de traballo intenso para lle dar a homenaxe axeitada á súa figura, coa fin de que o noso alumnado tivese a información necesaria para valorar a importancia deste destacado poeta e defensor do idioma.
Velaí que comezamos a idear unha serie de actividades multidisciplinares e multidestinatarios,  para coñecer e homenaxear a este autor, e celebrar durante o mes de maio no que para nós é sempre o  “MES DAS LETRAS”. Entre estas actividades, destacan as seguintes:

  1. “A LINGUA NAS ONDAS”.
  2. “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.
  3. “FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS”.
  4. “NA PROCURA DE MANUEL MARÍA”.

A primeira das mesmas, xa foi extensamente detallada na anterior entrada. E durante o mes de maio iremos subindo os catro programas de radio que a componen.
Agora tócanos o turno da segunda, que foi un traballo que aínda que ten o seu momento de difusión no mes de maio se foi traballando dende o comezo do curso, dada a súa complexidade e envergadura.

Así, acordamos para traballar a Manuel María en todo o centro coa participación nun concurso de carteis sobre a bio-bibliografía de Manuel María, promovido por “Política Lingüística” e co que pretendemos fundamentalmente ir poñendo en contacto aos nenos e nenas do colexio coa figura deste poeta popular e coas características da súa obra. 
Temos que sinalar que a proposta de participación no concurso, realizada polo equipo de normalización (E.D.L.G.),  tivo unha excelente acollida por parte de todo o profesorado do centro, e que estes souberon estender o seu entusiasmo ao alumnado, de tal xeito que todos participaron con gran ilusión e motivación na elaboración dos carteis.
A idea consistiu na elaboración por niveis, e contanto coa participación de todo o profesorado e alumnado do centro, de 10 carteis e os seus correspondentes títulos, en medidas 50x70 sobre base de madeira, tridimensionais e empregando variadas técnicas artísticas.
Cada cartel, como se explicará máis adiante, consta de tres elementos: a figura de Manuel María ao longo do tempo; as paisaxes das súas diferentes etapas vitais, situadas como fondo recoñecible de cada cartel; por último unha árbore que simboliza a súa vida e  obra, na que irán aparecendo os títulos máis significativos da súa produción correspondente con cada etapa biográfica sinalada. 
No documento SCRIBD que acompaña estas liñas, se recolle unha completa  “GUÍA DIDÁCTICA” como programación a realizar coa exposición como conxunto e con cada cartaz en particular.  Trátase dunha proposta de actividades que dende as fases do proceso de investigación traballan moitas das áreas do currículo de xeito globalizado.  En sesións en pequeno grupo (grupo aula) e adaptadas ás características específicas do alumnado, están destinadas a alumnado dende E.I.,  E.P. ata E.S.O.  

Guia Didactica Manuel Maria by quinif

Festa das Letras

En consonancia e como colofón ao traballo de investigación realizado na actividade radiofónica A LINGUA NAS ONDAS, na que coñecimos a biografía e obra do autor MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, a nosa “Festa das Letras Galegas”, decidiu darlle un lugar especial e adicarlle as actuacións que nel se presentaron.
Como resultado das reunións de coordinación do profesorado dos diferentes niveis, e axustándonos á mellor disponibilidade de datas e horarios para a realización das dúas galas galas, acordamos finalmente a realización da nosa “FESTA DAS LETRAS 2016” constituida en dúas galas, cadansúa nunha xornada diferente:

  • GALA 1: EDUCACIÓN PRIMARIA (3ºAB/4ºAB/5ºAB): 18 de maio de 2016. 10:00-11:45h aprox.
  • GALA 2: EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN INFANTIL + 1º CICLO (1ºAB/ 2ºAB): 20 de maio de 2016. 10:00-11:45h aprox.

Dentro das actuacións programadas, atopamos dende, unha videomontaxe coa biografía do autor, recitados da súa obra, monólogo, bailes, cancións, así como unha pequena peza de teatro. Todas pezas literarias do homenaxeado: MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO.
Como sempre facemos, no seguinte documento SCRIBD, podedes atopar información detallada do programa de actividades desenvolvidas nesta xornada, así como unha ampla galería de imaxes que ilustran cada momento vivido.
Así mesmo, acompañamos este documento, dun SCRIBD no que se inclúen amplas galerías de imaxes das actuacións que poidemos disfrutar en cada unha das galas da nosa “FESTA DAS LETRAS GALEGAS”. Así mesmo seguimos dando paso a outras actividades que forman parte do MES DAS LETRAS, e das que daremos boa conta.

 

Festa Letras Galegas 2016 by quinif

Exposición de cartaces "As estacións de Manuel María"

Nun intento de dar a coñecer en profundidade a figura do autor homenaxeado polas letras galegas “MANUEL MARÍA” e achegar o resultado dos nosos esforzos de investigación e de traballo artístico ao resto de alumnado da localidade así como ao resto de cidadáns, acordamos por á disposición da concellería de Cultura da nosa localidade “O Barco de Valdeorras”, dos cartaces que compoñen a mostra biográfica “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.
En reunión privada coa concelleira de cultura do concello de O Barco, propuxémoslle o préstamo dos nosos cartaces e programación didáctica, realizados sobre a biografía e obra do autor homenaxeado Manuel María, para a súa exposición na casa da cultura de O Barco, baixo o título “As estacións de Manuel María”.
Amosouse moi interesada e puxo á nosa disposición a unha técnico da Biblioteca da vila para a súa coordinación. Se instalaron os cartaces na Casa da Cultura, do 16 de maio ata fin de mes. Esta foi a súa ubicación final na entrada do “Teatro Lauro Olmo”.
Previamente, se invitou aos centros da vila a visitar esta exposición na Casa da Cultura de O Barco, mediante chamada telefónica e envío de emails informativos, coa/as data/as e horario de apertura da exposición.
O noso centro, tamén acudiu á exposición, na xornada do venres 27 de maio, durante o horario da mañá. Os horarios acordados foron os seguintes:

  • EDUCACIÓN INFANTIL E 3º CICLO (5º E 6º E.P.) : Acordaron, visitar a exposición cando volva da Casa da Cultura e se instale no centro.
  • 3ºA/B: 27 de maio en horario de 10:15 a 11:15h.
    4ºA/B: 27 de maio en horario de 11:15 a 12:15h.
    1º CICLO (1ºA/B e 2ºA/B) : 27 de maio en horario de 12:15 a 13:15h.

A continuación coma sempre un documento SCRIBD cunha ampla galería que recolle os momentos vividos nas diferentes visitas que realizou o noso centro.

Exposición de cartacesa "as estacións de Manuel María" by quinif

Na Procura de Manuel María

Tal como é habitual, establecemos unha colaboración moi directa cos E.D.L.G. dos centros públicos da nosa localidade, nun intento por realizar actividades conxuntas que revirtan na mellora do emprego da lingua galega no contexto social que compartimos.
Para este curso, deseñamos esta Campaña conxunta dos Equipos de dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos centros de ensino públicos da localidade, e o Centro Comercial Aberto (CCA). A proposta deste ano tivo dúas vertentes:
-ROTEIRO LITERARIO.
-TENDAL XIGANTE NO MALECÓN.
Realizamos estas actividades durante a segunda quincena do mes de maio de 2015 (Do 11 ao 31 de maio) coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A temporalización prevista foi a seguinte:
    PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA ANTES OS MEDIOS: 11 de maio na sede do CCA.
    ROTEIRO LITERARIO: Dende o 12 de maio ata o final do mes (día 28 de maio). 
    ENTREGA: Data límite 9 de maio.
    COLGADA DO TENDAL: Aproximadamente 19 de maio pola tarde.
    ENTREGA DOS PREMIOS: Aproximadamente martes 31 de maio pola tarde no CCA.
Para poder coñecer en profundidade esta campaña,  como sempre, acompañamos esta entrada, cun documento en formato SCRIBD coa información detallada da implementación desta actividade, así como unha ampla galería coas que poderedes disfrutar das experiencias realizadas.

 

Na procura de Manuel María

Mochilas pola lingua

 

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos a última das actividades que se desenvolveron co gallo da celebración do mes das letras:
“MOCHILAS POLA LINGUA 2016”
Para esta ocasión, as localidades elixidas, foron VEIGAMUIÑOS e TREMIÑÁ, en formato de roteiro de obradoiros.
Realizamos esta actividade o día 7 de xuño en horario escolar reducido (xornada de mañá de 9:15 a 14:15).
Como sempre facemos acompañamos esta entrada dun documento SCRIBD, no que se detalla en profundidade esta actividade na súa planificación, así como unha ampla galería fotográfica para amosar os diversos momentos da mesma.

 

 

Mochilas pola Lingua 2016

A lingua nas ondas

Poñemos á vosa disposición os vídeos dos programas de radio de A Lingua nas Ondas, realizados no noso colexio co gallo da celebración das letras galegas 2016 adicadas ao poeta de Outeiro de Rei, Manuel María.

Con el decimos:

Galicia somos nós,

a Xente e máis a fala

Se buscas a Galicia

En ti tes que atopala.

 

 

 

 

A lingua nas ondas (2016)

Como xa fixemos o curso pasado, o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA co apoio de todo o centro, decidimos volver a realizar “A LINGUA NAS ONDAS”, o noso programa de radio das Letras, que aínda que de complicada organización, deu como resultado o traballo global da competencia comunicativa en lingua galega, pola totalidade do alumnado, favorecendo o dominio da nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito.

Durante os meses precedentes, dende o E.D.L.G., comezamos a deseñar a estrutura dos catro programas que se emitirán ao longo do mes de maio.

Dado que o autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Manuel María Fernández Teixeiro, é un escritor con obras de moi variada natureza, incluída moita produción poética para neno, queremos facer a nosa particular homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei: así adicaremos os catro programas a coñecer en profundidade tanto a súa traxectoria vital como profesional e literaria. Deténdonos no coñecemento e admiración pola súa extensa obra.

Todo o centro simultaneamente participará nesta actividade, dende Educación Infantil, ata 6º curso de Educación Primaria, integrando a tódolos nenos e nenas independentemente das súas características persoais. Destacamos a participación dos cursos superiores 5º e 6º de Educación Primaria, que se encargarán de 2 das 5 seccións que constitúen os catro programas. 

Como sempre facemos, dispondes de toda a información, así como dunha completa galería de imaxes, no seguinte documento adxunto en formato SCRIBD, que acompaña estas letras.

A Lingua nas Ondas 2016

A Caixa do Correo 2016

 

Postais de Nadal

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA, queremos presentarvos a segunda edición dunha das nosas propostas máis recentes: “A Caixa do correo”.

Tal como sucedeu na súa andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Este curso acordamos dar un novo pulo a esta actividade pasando a un nivel superior. Xa que o curso pasado practicamos a realización de cartas interciclo, nun tipo de sobre-carta particular, este ano acordamos a realización e envío de “POSTAIS DE NADAL” a amigos e familiares, que nun formato de sobre convencional serán elaboradas na aula con diversos formatos.

O EDLG fíxose cargo do custe do do selo e o sobre. Realizamos e revisamos as cartas ou postais na aula cos datos reais de destinatario e remitente que depositamos por cursos na caixa do correo do centro. Posteriormente á oficina de correos da localidade todas as cartas realizadas e debidamente seladas segundo o seu destino.

A continuación nun documento anexo, como sempre facemos, poderedes atopar información máis detallada do desenvolvemento desta actividade, cunha ampla galería fotográfica que ilustra cada momento vivido.

 

A Caixa Do Correo

Distribuir contido