Educación Artística

Unha CDU moi musical.

Achegamos este vídeo, que bo traballiño nos custou, pero que esperamos que vos guste a todos e a todas... e sobre todo que sirva para que aprendamos a CDU e a movernos pola nosa biblioteca

Cantiga da Paz

Como todos os anos imos bailar unha cantiga para celebrarmos o Día Escolar pola Paz. Este ano escollemos "Apertas que voan" do noso amigo Paco Nogueiras, que xa nos ten visitado facendo contacontos en varias ocasións.

Os Chicos e Chicas de 6º inventaron esta coreografía coa que todos poderemos bailar o próximo día 30 para reclamar algo básico: Paz no Mundo.

Súbeme a radio que estou xordo

 

Imos traballar unha versión, algo simplificada en lonxitude, de "Súbeme la Radio" de Enrique Iglesias e Descemer Bueno.

A idea é facer un cover cunha letra que fale non da radio se non da biblioteca e da cdu.

Soa raro, non si? Pero cousas peores se teñen visto, así que vamos poñer as mans á obra.

Neste enlace tedes a partitura. A traballar!

O pelo Roxiño

Premede aquí para ver a partitura que imos tocar para acompañar a cantiga de "O pelo roxiño". Tamén podedes oír a versión de Mini, de Fuxan os Ventos... unha marabilla!

 

Sao Coradinhas para 6º

Unha fermosa cantiga da tradición portuguesa. Coidadiño, ten un bemol na armadura!

Pepe Repepe

Déixovos aquí tamén a partitura de Pepe Repepe, para os chicos e chicas de cuarto.

A traballar!

O Son do Ar

Deixo aquí a partitura desta cantiga

Seguro que poderemos tocala moi ben e facer unhas gravacións moi chulas.

Así que a traballar!

Outra ponte, pero o mesmo San Xoán

Agora tócalle a quenda de interpretar a cantiga ao alumnado de 4º B.

Tamén lle dan xeito, non si?

 

Pola Ponte de San Xoán

Distribuir contido