INVITACIÓN EXPOSICIÓN PRODUTOS FINAIS

 

INVITACIÓN  EXPOSICIÓN  PRODUTOS  FINAIS

 

AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO,

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A gratuidade de libros de texto para o vindeiro curso levarase a cabo mediante tres procedementos:

-

a) Axudas para a adquisición de libros de texto.

-

b) Fondo solidario de libros de texto.

-

c) Proxecto de educación dixital E-Dixgal.

IMPORTANTE:  Pode solicitar a axuda de material escolar o alumnado de todos os cursos de primaria que non superen os 6.000 € de renda familiar.

 

1.- Destinatarios:

a)   

Axudas para a adquisición de libros, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG do 18/05/2022):

-

Cursos aos que afecta: 1º e 2º de Educación Primaria.

 

-

Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

· 

Estar matriculado en 1º, 2º de EP.

· Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

· 

Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €

 

b)   

Fondo solidario de libros de texto, regulado na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG do 18/05/2022):

 

-

Cursos aos que afecta: 3º e 4º de Educación Primaria.

-

O sistema permitirá a distribución dos libros existentes no fondo entre o alumnado en función da renda per cápita comprobada das solicitudes validadas polo centro.

 

-

Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

 

· 

Estar matriculado en 3º e 4º de EP.

· 

Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2021/2022.

· 

Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €

 

c)    

Proxecto de educación dixital E-Dixgal:

 

-

Cursos aos que afecta: 5º e 6º de Educación Primaria.

O alumado de 5º e 6º de Educación Primaria terá libros dixitais gratuítos.

 

2.- Devolución dos libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022:

 

-

O alumnado beneficiario de axudas no curso 2021/2022 está obrigado a devolver todos os libros comprados coa dita axuda, no centro, antes do 22 de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º.

 

-

A non devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros e da convocatoria de axudas. Ademais, unha vez revisada a información das devolucións a consellería reclamará ás familias o importe da subvención concedida para este curso para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

-

Para evitar agrupacións de persoas no centro educativo propoñemos o seguinte plan para a devolución dos libros de texto:

· 

A partir do día 16 de xuño o alumnado irá deixando os libros na aula seguindo as instrucións do profesorado titor. Logo do reconto, os días 21 e 22 de xuño, desde a dirección do centro poñerémonos en contacto con aquelas familias ás que lles quede algún libro por entregar.

Se algunha familia non puidese axustarse a esta proposta pode poñerse en contacto co colexio para darvos outra opción.

 

3.- Prazos:

 

-

Inicio do prazo para a presentación de solicitudes de axudas para adquirir os libros de texto (1º e 2º de EP), o fondo solidario de libros (3º e 4º de EP) e material escolar (toda a etapa de primaria): 19 de maio.

-

Remate do prazo para a presentación de solicitudes de axudas para adquirir os libros de texto (1º e 2º de EP), o fondo solidario de libros (3º e 4º de EP) e material escolar (toda a etapa de primaria): 22 de xuño

-

Data límite para a devolución dos libros de texto (o alumnado que recibiu libros prestados polo colexio): 22 de xuño.


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

1.- Solicitudes:

 

-

 As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou titores legais e será única para todos os fillos. Nela especificarase o nivel de estudos que realizará cada un dos fillos no curso 2022/2023.

 

2.- Como e onde presentar as solicitudes:

 

-

Os pais, nais ou titores poderán presentar na secretaría do centro os Anexos I e II da Orde do 29 de abril de 2022 que deberán recoller no centro ou descargala no enderezo https://sede.xunta.es (Poñer en Google: ED330B, clicar encima + Solicitude (Anexo I e II), para poder cubrila clicar en “Abrir cun visor diferente”) .

Tamén podedes clicar aquí:

 

ANEXO I e II

 

-

Os pais, nais ou titores poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

·      

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto co resto da documentación.

·      

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (para presentala electronicamente é necesario ter un certificado dixital ou Chave 365).

 

2.- Prazo:

 

-

O prazo para a presentación das solicitudes será: Do 19 de maio ata o 22 de xuño.

 

3.- Documentación a presentar (terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2020):

 

-

Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en 31 de decembro de 2020 non coincide coa reflectida no libro, terá que presentar documento acreditativo do número de membros da unidade familiar tales como: certificado ou volante de convivencia.

-

No caso de separación ou divorcio dos cónxuxes deberá presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-

No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%: Documento acreditativo da dita discapacidade.

-

No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: Documentación acreditativa.

 

4.- Contía das axudas:

 

Para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria:

-

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €

-

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €

 

Para o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria: Fondo de libros:

-

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: Prestaránselle 6 libros.

-

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: Prestaránselle 4 libros.

 

Para todo o alumnado: axuda para material escolar:

-

Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: 50 €

 

5.- Cálculo da renda per cápita:

 

A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables (os membros que acrediten unha discapacidade computarán por dous).

 

A renda per cápita familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables.

 

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

 

Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) da declaración do ano 2020.

 

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. (Deberá solicitar un “certificado de imputacións” na Axencia Tributaria).

 

Día das Letras Galegas

Bo día, dende o CEIP Couceiro Freijomil queremos compartir o seguinte vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas no que recordamos a Florencio Delgado Gurriarán. 

 

 

Maios 2022

Como cada ano no CEIP Couceiro Freijomil celebráronse os Maios. Grazas a todas as nenas e nenos, prácenos compartir con vós o vídeo da celebración desta festividade. 

Esperemos que gocedes deste vídeo! E por riba de todo, agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que fixestes posible un ano máis os Maios en Pontedeume.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.

 

 

Procédese á admisión provisional de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2022-2023.

As listaxes provisionais de solicitidues admitidas e non admitidas poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b)  Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

 

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS.

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO - 01/04/2022

 

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos. 

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; n o referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

 

 DOCUMENTO COMUNICACIÓN CONXUNTA EN PDF

 

 

 

 

 

Entroido 2022

Ola, prácenos compartir o vídeo do entroido. Esperamos que poidades velo e desfrutedes das actividades. Unha aperta familias!

 


A PARTIR DO LUNS 21 DE MARZO DO 2022

 

Estimadas familias:

 

Compartimos a comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso das máscaras nos patios dos centros educativos 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN

 

 

RECOLLIDA HUMANITARIA

 

Estimadas familias:

 

Como ben sabedes desde o CEIP Couceiro Freijomil organizouse unha doble recollida humanitaria. Por un lado,en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol) e  por outro en colaboración coa AVPC de Protección Civil do Concello de Pontedeume.

 

Compartimos con vós algúns dos momentos desta xornada e aproveitamos para agradecervos a vosa implicación e colaboración. Non temos palabras!  Orgullosos e orgullosas de pertencer a esta comunidade educativa. 

Mil grazas a todos e todas! 

 MIL GRAZAS!!!

 

Distribuir contido