GRAZAS FAMILIAS!!!!

 

2957 GRAZAS

 

Sumámonos ao agradecemento da ANPA.

 

Non temos palabras!!

 

http://anpacouceiro.blogspot.com/

 

 

VÍDEO DO SAMAÍN!

O pasado venres celebramos no cole o SAMAÍN!

QUEREDES VELO?

OLLADE

https://www.youtube.com/watch?v=S_q6y-_YJ-c

O Couceiro estivo de votacións

Estimadas familias

 

Compartimos con vós un pequeno resumo das xornadas das eleccións do PDI do centro...

Como ben sabedes, este ano eran os nenos e nenas os responsables de escoller o tema do PDI!

O escollido foi: ARTE! 

Ollade o video e mirade!

Pinchade no enlace:                                                  

 

https://www.youtube.com/watch?v=OIq0YganGUM

ESPEREMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO!!!!!

ANUNCIO DO SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

SRA. PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

 

ANUNCIO DO SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro), realizaranse proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

                   

O director ou directora do centro/ directora accidental.

                   

Un membro do profesorado.

                   

Un pai, nai ou titor/a legal.

                   

Un representante do persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o Artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o vindeiro día 27 de outubro, MÉRCORES, ás 11:15 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.

 

Pontedeume, 25 de outubro de 2021

Directora accidental

 

Rosalía Iglesias Carrillo

 

O Samaín!

lua                            O SAMAIN               cabaza 

 

Queridas familias

 

O vindeiro venres, 29 de outubro, festexaremos o Samaín. 

 

Seguindo co costume destes anos, faremos no cole unha exposición de cabazas.

Os nenos e nenas poderán traelas (de maneira VOLUNTARIA)ese mesmo día, xa

talladas e decoradas da casa, favorecendo así o traballo en familia.

 

 

Dada a situación sanitaria, para favorecer as entradas ,deberán ser cabazas

pequenas que poidan ser transportadas facilmente polo propio alumnado, que

serán os encargados de colocalas no xardín cando cheguen á escola no lugar que

lle correponda por nivel (haberá carteis). No caso de alumnado de infantil, os

encargados de depositar as cabazas serán os acompañantes deses nenos e nenas,

despois de deixalos na porta de infantil. O alumnado de autobús deberá traela

nunha bolsa para favorecer o seu transporte. Estes últimos as deixarán na aula,

para a súa posterior colocación. 

 

Ademais, se queredes, os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa, pero sen

complementos que dificulten a desinfección de mans nas entradas e saídas.

 

Tamén realizaremos a "lectura ás escuras" polo que o alumnado poderá traer unha

lanterna de casa (identificada co seu nome). 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 

POLA NOSA SEGURIDADE

Como sabedes, as obras do peirao aínda non acabaron polo que o espazo nas entradas e saídas do cole, vense un pouco apretadas de xente, buses e coches.

Como podedes ver no plan de acollida, as persoas e os buses teñen un horario establecido polo que os que non tedes máis remedio que achegarvos en transporte privado ao cole, pola seguridade de tódolos usuarios do centro: nenas, nenos, familias, docentes, traballadores/as procurade ir a modo, respectando a prioridade e vulnerabilidade que ten calquera peón ou transporte de grupos colectivos frente a un particular.

Por isto, dende a escola pedimos un pouquiño de paciencia e calma nas entradas e saídas a todos/as, sen dubidar que o facemos o mellor que podemos e sabendo que coller as rutinas son difíciles e leva uns días de adaptación.

Agradecemos a vosa colaboración en pro da seguridade das persoas que formamos parte do colexio.

Bo comezo! Sorriso

 

COMEZAMOS

Esta semana xa comezamos cos horarios normais.

As entradas de Primaria serán dende as 8:30 ata ás 8:45 e as de Infantil dende as 8:45 ata as 8:55. Os que cheguedes retrasados teredes que entrar pola porta principal da escola e esperar a que unha persoa do centro vos acompañe á aula.

As saídas serán feitas por quendas:

Infantil:

CURSO

HORA DE SAÍDA

4º IA

De momento o que indique o plan de adaptación - Despois ás 13:05h 

4ºIB

De momento o que indique o plan de adaptación - Despois ás 13:10h

5ºIA

13:15h

5º IB

13:20h

6º IA

13:25h

6ºIB

13:30h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Primaria

CURSO

HORA DE SAÍDA

13:35 (porta principal)

13:40 (porta principal)

13:45 (porta principal)

13:35 (porta pavillón)

13:40 (porta pavillón)

13:45 (porta pavillón)

 

Lembrádevos de botarlle un ollo ao Plan de Acollida (debaixo desta entrada) onde tedes toda a información sobre este curso.

Bo comezo! Sorriso

DOCUMENTOS INICIO DE CURSO 2021-2022

DOCUMENTOS IMPORTANTES

2021-2022

 

A continuación compartimos infomación importante para este inicio de curso.

Esta información está composta por diferentes documentos: Plan de continxencia, Plan de acollida, Declaración responsable e Enquisa de autoavaliación sanitaria. Recordamos que a DECLARACIÓN RESPONSABLE terá que vir asinada os primeiros días de curso por cada familia.

Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar.

 _ Para acceder á información pinchade enriba de cada un:

 

Plan de continxencia

 

Plan de acollida

 

Declaración reponsable

 

Enquisa de autoavaliación sanitaria

 

Permanecede atentas á páxina web para próximas actualizacións na documentación deste curso. 

 

 

Benvidos e benvidas ao curso 2021-2022

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2021-2022

 

Estimadas familias 

 

O novo equipo directivo quere darvos a benvida a este novo curso escolar 2021-2022.

 

A pesar das dificultades que  vivimos nos últimos tempos, estamos convencidas de que o conxunto da comunidade educativa conseguiremos que a escola continúe sendo un lugar seguro, acolledor, agradable e cheo de novas aprendizaxes para os vosos fillos e fillas. 

 

Agradecemos, de antemán, a vosa colaboración. 

 

A continuación compartiremos información IMPORTANTE relacionada coa ORGANIZACIÓN do primeiro día lectivo. 

 

Quedamos á vosa disposición

 

Saúdos e bo comezo para todos e todas.

 

 

INICIO DO CURSO 2021-2022

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

O alumnado de 4º de Educación Infantil seguirá o Período de Adaptación remitido por correo electrónico durante o verán.

É importante que veña acompañado só por unha persoa (preferiblemente que non sexa de risco). É obrigatorio que o/a acompañante leve máscara e garde a distancia de seguridade.

O día 9 de setembro empezará o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, que entrarán polo portalón principal, seguindo as medidas de seguridade citadas anteriormente, no seguinte horario:

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

6º de E.I (A e B)

10:45

6ºA     13:25

6ºB     13:30

5º de E.I (A e B)

11:05

5ºA     13:15

5ºB     13:20

 

Un membro do equipo directivo acompañará ás titoras ata o portalón para recibirvos e darvos a benvida a este novo curso escolar. 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O día 9 iniciará o curso todo o alumnado de Educación Primaria.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria entrarán polo portalón principal e o alumnado de 4º, 5º e 6º Educación Primaria polo portalón do pavillón. En tódolos casos recomendamos só un acompañante por neno/a e que non sexa unha persoa de risco. Agardaredes no peirao, fóra do recinto, ata que se vos chame. É obrigatorio o uso de máscara e respectar a distancia de seguridade. 

Os horario de entrada son os seguintes:

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

PORTA

6º  E.P

8:45

13:45

PAVILLÓN

5º  E.P

9:05

13:40

4º  E.P

09:25

13:35

09:45

13:45

PRINCIPAL

10:05

13:40

10:25

13:35

 

Un membro do equipo directivo acompañará aos titores e titoras ata o portalón para recibirvos e darvos a benvida a o novo curso escolar. 

GARANTIRASE O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO HORARIO HABITUAL TANTO NAS ENTRADAS COMO NAS SAÍDAS, ASÍ COMO O COMEDOR.

AVISO IMPORTANTE:

Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e a través de ABALARMÓVIL, colgaremos un dossier coa información correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases ou nese mesmo día. 

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O COMEDOR. CURSO 2021-2022

 

Familias, entre o 10 e 30 de Agosto estará aberto o prazo para matricularse no comedor

escolar.

 

Estade atentos e atentas ás novas que se colgarán os vindeiros días no blog da ANPA coa

información necesaria.

 

 

Enlace para acceder ao blog!

http://anpacouceiro.blogspot.com/

 

 

 

Distribuir contido