RECOLLIDA DE ALIMENTOS " RÍAS ALTAS " E COLABORACIÓN COA "AVPC DE PROTECCIÓN CIVIL" DO CONCELLO DE PONTEDEUME.

O vindeiro martes 15 de marzo de 2022 , realizaremos unha  doble recollida humanitaria. Por un lado,en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol) e  por outra en colaboración coa AVPC  de Protección Civil do Concello de Pontedeume.

 

Estes anos de pandemia están a ser complicados e cheos de retos para todos/as, e toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a poboación .

 

O noso colexio dedice facer esta recollida,neste momento porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza entre o alumnado é o da solidariedade e compromiso .

COMO LEVAREMOS A CABO ESTA DOBLE RECOLLIDA?

O martes 15  de marzo  haberá nas entradas da escola unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol .

Para a recollida en colaboración coa APVC de Protección Civil  do Concello de Pontedeume , haberá outras caixas. O  material que  se recolle neste caso sería: 

Material de Aseo:xel de baño,champú,dentífrico,cepillos de dentes,peite de cabelos e cepillos, desodorizantes,esponxas, xabóns,compresas, tampóns, toalliñas,cueiros, toalliñas de bebés e xabonosas e crema hidratante.

Alimentos: Latas de conservas, leite en pó e  leite para bebés.

Material sanitario: tesoiras,luvas,vendas, gasas, mantas térmicas,parches antiqueimaduras,alcohol,agua oxixenada,antisépticos,suero fisiolóxico,luvas de látex ou nitrilo,pulsioxímetro,glucómetro,termómetros,máscaras e tiritas.

Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola nas caixas que haberá nas portas de entrada (as familias de Infantil poderán ser os adultos ,que acompañan aos nenos/as, os que depositen o que poidan traer  nas caixas na porta de entrada de infantil.)

Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.

SERVIZO DE MADRUGADORES

 

Estimadas familias

Desde o Couceiro Freijomil poñemos á vosa disposición información relacionada co servizo de Madrugadores que existe neste curso no noso centro educativo. 

 

O Concello de Pontedeume a través da concellería de  Servizos Sociais e dentro das políticas de fomento da igualdade impulsa e establece distintas medidas encamiñadas a impulsar e facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias eumesas. O programa de Madrugadoras/Madrugadores é unha destas medidas de conciliación e, como tal, responde aos seguintes obxectivos:

 

- Dar resposta a incompatibilidade entre a vida familiar e laboral das familias do alumnado.

- Ampliar o horario de apertura do centro escolar mediante este programa municipal.

- Atender ao alumnado participante mediante persoal especializado.

 

HORARIO:

O servizo de madrugadores da comezo ás 7:15 ata ás 8:45 despois o profesorado do centro farase responsable das e dos participantes. Entre ás 7:30 e 8:00 os nenos e nenas participantes do programa poderán incorporarse de forma continuada, non podendo participar neste servizo fora deste horario. O horario comeza o primerio día lectivo do calendario escolar en setembro e remata o último día escolar de xuño. O servizo se interrumpe nos periodos vacacionais, sábado, domingos e festivos.

 

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:

 Este servizo implica ademais unha serie de actividades, ademais das propias do almorzo das e dos participantes, que terán carácter de estraescolares e, polo tanto, non son indispensables para a consecución dos obxectivos curriculares xa que tan só responden á atención ao alumnado participante en aspectos relacionados coas áreas socio-culturais e lúdicas.

. Lúdicas: Incluirán xogos de desenvolvemento cognitivo como: xogos de mesa, simbólicos, desfraces, busca de erros...

. Deportivas: Psicomotricidade, expresión corporal.

. Lectura: Animación á lectura e contacontos.

. Plástica: Plastilina, debuxo, ...

A metodoloxía de traballo establecerá, dentro do posible, dous grupos homoxéneos de idade, para adecuar as actividades aos mesmos atendendo ás súas capacidades e posibilidades.

 

CLASIFICACIÓN DAS E DOS PARTICIPANTES:

O número máximo de prazas establecidas serán de 20 e as idades das e dos nenos están comprendidas entre os 3 e os 12 anos (infantil e primaria).Poderán ser:

1. Habituais: as/os que utilicen o programa con regularidade e aboen o prezo/mes polos meses de participación.

2. Esporádicos: Os que utilicen este recurso ocasionalmente e aboen o prezo/día polos días de participación.

 

FINANCIAMENTO DO SERVIZO:

O custe do programa madrugadores será cofinanciado entre as familias participantes e o Concello de Pontedeume estando regulados estes prezos mediante Ordenanza Fiscal Reguladora dos Prezos Públicos ata a súa modificación ou derogación expresa ; publicada a súa aprobación definitiva no BOP da provincia da Coruña n.º 160 de data de 24/08/2016., según o seguinte cadro:

- Familias numerosas tanto categoría xeral coma especial desconto do 20% a todos seus membros

- Dous irmáns participantes desconto do 20% ao segundo membro

 

PERSOAL ENCARGADO DO PROGRAMA:

 

O persoal adscrito ao departamento de servizos sociais municipais é o responsable da dirección do proxecto na área de formación en Igualdade. Persoal que conta cunha ampla formación en materia de Igualdade, sendo o seguinte:

As tarefas de organización, control e seguimento do desenvolvemento da actividade derivada da posta en marcha deste servizo de conciliación así como do seguimento a nivel municipal; estarán supervisadas dende a concellería de servizos sociais e a nivel técnico pola Animadora socio-comunitaria do Concello.

O perfil básico do persoal que realiza o servizo de madrugadores no CEIP Couceiro Freijomil ten que estar en posesión do carné de manipulador de alimentos, o certificado por delitos de natureza sexual e valorarase, especialmente, outras titulacións como: monitor-a de tempo libre e ocio.

As funcións que desempeña este persoal son as seguintes:

1. Presenza física dende o inicio do período de ampliación da xornada escolar habitual.

2. Recepción, coidado, atención, vixiancia e dinamización do alumnado participante no programa madrugadores.

3. Provisión de almorzo (opcional), nos casos que corresponda ata as oito da mañá

4. Desenvolvemento das actividades extraescolares marcadas e establecidas na programación

5. Acompañamento das nenas e nenos ao profesorado respectivo.

6. Control diario da asistencia das e dos participantes.

Previo á posta en marcha deste servizo, dende o Concello realizarase unha preinscripción a efectos de determinar que existe un número mínimo de nenas e nenos participantes interesadas e interesados fixado para este ano, debido as especiais circunstancias derivadas da crise sanitaria, nun número máximo de 20 participantes e número mínimo de 5.

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DOS CASOS ESTREITOS DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO .

 

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

 

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

 

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e

manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

 

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.

 

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo

suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

 

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do

7/3/22:https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos

 

NOVIDADE IMPORTANTE!!

 

Xornada de portas abertas PRESENCIAIS

 

 

O día 3 de marzo ás 17h  levaremos a cabo unha xornada

de portas abertas de forma "presencial". 

 

 

Se queredes participar, enviade un correo ao:

ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.gal ou chama

ao centro educativo ao teléfono 881 93 04 80

 

 

 Boa fin de semana dende o CEIP Couceiro Freijomil!

 

 

 

 

A.N.C.A.S. ASOCIACIÓN de NENOS E NENAS CAMIÑANTES por un AMBIENTE SOSTIBLE e SEGURO

 

Durante este ano 2022 poremos en marcha o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!

 

A.N.C.A.S é un proxecto socioeducativo que se desenvolve en Educación Primaria. Nel traballamos valores sociais e viarios para xerar hábitos saudables que permitan á comunidade escolar un desprazamento seguro no camiño ao colexio.

 

O camiño escolar é un proxecto de cidade, que desenvolvemos en colaboración co Concello e a comunidade escolar, que busca mellorar a mobilidade urbana, recuperar a cidade como un espazo de convivencia e, ao mesmo tempo, permite contribuír a que as contornas escolares sexan espazos seguros, sostibles e inclusivos.

 

Esta iniciativa propón ao alumnado vir andando ao cole, acompañado por outros nenos e nenas e cun adulto de referencia (pai ou nai voluntario), logrando así un banco de tempo que favoreza a conciliación familiar e que permita ás nenas e nenos desfrutar do percorrido e compañia das compañeiras e compañeiros do cole.

 

Se clicades na imaxe podedes acceder ao enlace da asociación. 

 

 

 

 

 

 

 

 Boa fin de semana dende o CEIP Couceiro Freijomil!

 

 

No Entroido os mandadiños de Manoliño. O luns!

 

Xa chegaron os mandadiños do Entroido 2022! Lembrade que son acumulativos e rematan o xoves! Unha aperta e a divertirse!

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022!

 

Estimadas familias:

 

Recordade que os días 14 e 24 de febreiro ás 17:00h, realizaremos as xornadas de portas abertas do Couceiro. Debido á COVID 19 se realizarán de xeito virtual.

Mandame un mail ao ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.gal, indicando o día que poidades participar nestas xornadas. Días antes chegaravos ao correo unha invitación. Calquera dúbida estamos á vosa disposición. 

 

Animádevos! 

 

 

 

Distribuir contido