Skip to main content

BIBLIOTECA CREATIVA

APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O alumnado do 6ºC desprazouse ata o taller no que traballa Apader

(Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde

realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de

creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende

pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso,

creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de

intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos.

Cousas bonitas que medran.

Agradecer á asociación o seu recibimento e atención.

 

 

 

PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra.

Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden

verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.

 

 

 

 

 

 

VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,

neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.

Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,

o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.

Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo

e cambiante, nesta obra de cinco actos.

Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,

cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte

levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube,

e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar!

Parabéns á rapazada e ao seu guía!

 

 

 

 

 

 

QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica,

Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas

deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.


Familias sodes o noso orgullo!

 

 

 

 

 

ANIMACIÓN SCRATCH #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Todos temos un nome. O alumnado o programa

en Scratch e crea unha animación con el.

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Tres xeneración nun obradoiro de costura! Avoa, nai (Laura)

e filla aliadas na empresa de realizar unha

pequena formación coa máquina de coser.

Gracias por adicar tempo á infancia!

 

 

 

 

 

 

 

COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula,

para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes

e broches con deseños caninos.

 

 

 

 

 

 

DÍA DO NATURALISMO GALEGO - ACUARELAS E FAUNA #RafaelLopezLoureiro #Rampla #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Entre outras actividades para conmemorar o 9 de Marzo,

Día do Naturalismo Galego, o alumnado gozou dun obradoiro

de acuarelas con láminas do caderno de campo da lagoa da Frouxeira.

Unha publicación editada polo colectivo Rampla con debuxos e textos

do ilustrador Adrián Taracido Fernández, que afonda no coñecemento da fauna da lagoa.


 

Recordade que este venres 15 podedes acudir á presentación do libro

“Martín Sarmiento O primeiro naturalista”  de Rafael López Loureiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo

para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron

durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!

 

 

 

 

 

 

 

FONDOS POESÍA ESCÉNICA #Cedeira #dinamizaciónlinguagalegaCandieira #poesía #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Este curso unha das actividades intercentros na que participaremos

co alumnado do Ies Punta Candieira é a Poesía Escénica.

Hai moito alumnado preparando xa a escenificación das poesías,

uns inventando coa axuda do profesorado, outros buscando nos fondos da biblioteca escolar...

Para facilitar un pouco a busca, deixamos no faro unha pequena mostra.

Ante calquera dúbida preguntade ao profesorado de biblioteca ou ao voluntariado escolar.

Nestes días ampliaremos fondos poéticos.

Moito ánimo a tódolos participantes e grazas ao

profesorado do Ies por contar sempre conosco!

 

 

 

 

 

 

MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas

de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!!

Agradecer ás familias a súa colaboración!

 

 

 

 

 

RECEITA E PIZZAS! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Hoxe recibimos a visita de Olga, Antonio e Jana que axudaron

a preparar unhas riquíimas pizzas. O alumnado de segundo ,en

tres grupos, foi pasando polas diversas actividades: primeiro

visionaron un vídeo de Telmo e Lula na que indican a elaboración,

despois escribiron nunha receita os ingredientes e o proceso e

xa para finalizar realizaron a pizza.

O mellor facelas xuntos e comelas quentiñas na merenda!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy

axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá

na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos,

divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade.

Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e

o puxemos ben bonito para levar e merendar.

Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!

 

 

 

 

 

 

ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral,

están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo

ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas

e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha

compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha

máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse...

o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas.

Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar,

pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.

 

 

 

 

 

MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Realizamos unha visita polos espazos nos que se ambienta a obra de teatro

"Mambrú volveu da guerra", escrita polo dramaturgo que da nome á nosa biblioteca,

Carlos Labraña. Ademáis de pasar un pedazo ben divertido, recoñecemos

o paso do tempo, o cambio na paisaxe, pasamos un anaco de tempo en calma

visibilizando a estatua ás victimas e somos un pouco

máis conscientes da historia da nosa contorna.

 

 

 

 

 

Distribuir contido