Skip to Content

                              

blogue deadmin

LETRAS GALEGAS 2022

AXUDA LIBROS 2022/2023

Estimadas familias:

Informamos de que con data 18 de maio de 2022 foron publicadas as axudas para:

- Participar no fondo solidario de libros de texto en 3o, 4o, de Educación Primaria.

- Adquirir libros de texto en 1o e 2o de Educación Primaria e en Educación Especial.

- Adquirir material escolar en Educación Primaria e Educación Especial.

AQUÍ A INFORMACIÓN

 

Día das Letras Galegas.

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro martes 17 de maio non é día lectivo por ser o “Día das Letras Galegas”, polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o mércores 18 de maio de 2022.

Polo tanto, o luns 16 de maio haberá clases ordinarias, que serán retomadas o mércores 18 de maio.

 

MENÚ MAIO 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de maio.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2022-2023

Está publicada no taboleiro do edificio do CEIP Nosa Señora de Xuvencos a listaxe de alumnado de nova incorporación admitido para o curso 2022-2023.

 

Informamos que todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo está admitido.

Recordamos que teredes que realizar a matrícula entre o 23 e o 30 de xuño de 2022. Publicaremos a documentación necesaria con antelación.

 

Modificación na obrigatoriedade do uso da máscara nos interiores do centro educativo.

Informamos ás familias en relación ao cambio na obrigatoriedade do uso da máscara nos interiores do centro educativo das últimas novidades.

Boletín de notas do 2º trimestre e vacacións de Semana Santa.

Estimadas familias, neste final do 2º trimestre, queremos comunicarvos que o venres, día 8 de abril de 2022, entregaranse os boletíns de notas do 2º trimestre ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL a partir das 13.00 horas).

As vacación de Semana Santa comezan o 11 de abril e rematan o 18 de abril, comezando as clases o martes 19 de abril.

Máis información no arquivo adxunto.

OS NOSOS ROBOTS

No segundo trimestre o alumnado de segundo de primaria fixo os seus propios robots "BRISTLEBOT" (un robot simple feito a partir dun cepillo de dentes e un motor vibratorio).

Os materiais que necesitamos foron:

  • motor vibratorio 6mm
  • batería de botón LR44
  • cepillo de dentes
  • ollos adhesivos
  • limpiapipas
  • cinta adhesiva de dúas caras

Primeiro cortámoslle o mango ao cepillo de dentes deixando so a cabeza, a continuación puxémoslle a cinta adhesiva na parte de arriba, pegamos o motor de vibración enriba (colocando un dos cables do motor na cinta e o outro no aire), despois colocamos a pila de botón enriba da cinta co lado negativo cara abaixo. A continuación agregámoslle as patas, que as fixeron cos limpiapipas, entre o motor e a pila e por último pegámoslle os ollos. E xa estaban listos para pintar.

No video que tendes a continuación podedes ver algo do proceso e o ben que o pasaron creando os seus propios robots.

 

MENÚ ABRIL 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de abril.

MÁSCARAS

USO DA MÁSCARA NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

          O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

                  O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración

Distribuir contido


by Dr. Radut