Skip to Content

                              

blogue deadmin

CHEGOU O ENTROIDO

 Estimadas familias:

 

Dende o CEIP Nosa Señora de Xuvencos animámosvos a celebrar o Entroido con nós a vindeira semana. Cumpriremos as mandas que o señor meco nos di e o venres 25 faremos unha festa especial na que poderemos vir disfrazados como queiramos.

Entre outras actividades, ese día, faremos un “folión” para o cal precisaremos traer, ao longo da semana e como último día o propio venres,  un obxecto que faga ruido ao percutilo. Será algo reciclado como por exemplo un bote de “Colacao”, un caldeiro da praia, unha lata... cada neno/a deberá traer un para poder participar.

No ficheiro adxunto tendes un documento con todas as mandas do meco da semana.

 

POR FIN CHEGOU O ENTROIDO E

XA ESTÁN AQUÍ OS MANDADOS DO MECO.

LEMBRADE QUE SON ACUMULATIVOS.

ESTADE MOI ATENTOS,

PORQUE AS CAMBIAMOS CADA DÍA.

 

MENÚ FEBREIRO 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de febreiro.

Un café con Sonia López Rodríguez. O Deseño Universal da Aprendizaxe.

As mestras Carolina Moura (especialista de Audición e Linguaxe) e Enalia Álvarez (especialista de Pedagoxía Terapéutica) entrevistan a Sonia López Rodríguez, psicóloga educativa da Asociación Down de Ourense, sobre o Deseño Universal da Aprendizaxe. 

 

 

 

MENÚ XANEIRO 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de xaneiro.

Boletín de notas e vacacións de Nadal

 

Estimadas familias, 

informamos que o martes, día 21 de decembro de 2021, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria recibirá o boletín de notas do primeiro trimestre. Boletíns visibles, así mesmo, en Abalar móbil, a partir das 13.00 horas.

O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores e titoras sobre a evolución académica dos seus fillos e fillas será o primeiro martes lectivo de xaneiro, día 11 de xaneiro de 2022, ás 16.00 horas. No caso de non poder asistir este día por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.

O martes 21 de decembro é día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario. Se ben será un día especial, de celebración do Nadal, no que, entre otras cousas, gozaremos da visita de Papá Noel no noso centro.

As vacacións de Nadal comezarán o 22 de decembro de 2021 e rematarán o 7 de xaneiro de 2022, comezando as clases o luns 10 de xaneiro de 2022, segundo a ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Nota Informativa Días non lectivos en decembro

COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 6 de decembro, martes 7 de decembro e mércores 8 de decembro de 2021 son días non lectivosEstes días non lectivos están recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso académico.

MENÚ DECEMBRO 2021

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de decembro.

Actividade complementaria sobre o Nadal

Estimadas familias:

Dende o equipo de actividades extraescolares imos pedir novamente a vosa colaboración para a realización dunha exposición de adornos de Nadal. Estes, permanecerán expostos no centro ao longo do mes de decembro e xaneiro formando parte da tradicional decoración navideña do mesmo.

Para dita actividade de carácter voluntario, cada familia poderá facer unha decoración de Nadal na que o material será de libre elección, coa única condición de que deberá ter algo por onde poder ser colgada. As figuras serán entregadas polos alumnos/as o luns 29 de novembro. Unha vez rematada a exposición, ditas figuras quedarán a disposición do cole para a súa reutilización. De todos os xeitos, se algunha família quixera, se lle devolvería à volta de vacacións de Nadal.

Sen mais, reciban un cordial saúdo do equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Boborás , 24 de novembro de 2021

XORNADA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS NA ADOLESCENCIA

Mañá venres, 19 de novembro, as 16:30 h terá lugar unha Xornada de Prevención das Adiccións con e sen substancia na Adolescencia, organizada polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas (Mancomunidade de concellos de O Carballiño e Concello de O Carballiño), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut