Skip to Content

                              

blogue deadmin

MENÚ DECEMBRO 2021

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de decembro.

Actividade complementaria sobre o Nadal

Estimadas familias:

Dende o equipo de actividades extraescolares imos pedir novamente a vosa colaboración para a realización dunha exposición de adornos de Nadal. Estes, permanecerán expostos no centro ao longo do mes de decembro e xaneiro formando parte da tradicional decoración navideña do mesmo.

Para dita actividade de carácter voluntario, cada familia poderá facer unha decoración de Nadal na que o material será de libre elección, coa única condición de que deberá ter algo por onde poder ser colgada. As figuras serán entregadas polos alumnos/as o luns 29 de novembro. Unha vez rematada a exposición, ditas figuras quedarán a disposición do cole para a súa reutilización. De todos os xeitos, se algunha família quixera, se lle devolvería à volta de vacacións de Nadal.

Sen mais, reciban un cordial saúdo do equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Boborás , 24 de novembro de 2021

XORNADA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS NA ADOLESCENCIA

Mañá venres, 19 de novembro, as 16:30 h terá lugar unha Xornada de Prevención das Adiccións con e sen substancia na Adolescencia, organizada polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas (Mancomunidade de concellos de O Carballiño e Concello de O Carballiño), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

 

Magosto 2021 2022

O 11 de novembro celebramos o magosto no colexio, coa realización de múltiples actividades como exposicións e murais...e onde o equipo de actividades complementarias priorizou a música e a actividade física con diferentes xogos, para a súa celebración no patio. 

Actividade complementaria sobre o magosto.

Estimadas familias:

Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares imos pedir a vosa colaboración para a realización de figuriñas feitas con castañas. Esta actividade de carácter voluntario, será para facer unha exposición que estará no centro todo o mes de novembro, con motivo do festexo do magosto e do outono.

Cada neno/a traerá unha figuriña na que o material principal será a castaña. A data para entregalas será entre o luns 8 e o xoves 11 ambos días incluídos. Ao rematar a exposición, a finais de mes, devolveranse aos seus donos. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Sen mais, recibide un cordial saúdo do equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Boborás, 5 de novembro de 2021.

MENÚ NOVEMBRO 2021

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de novembro.

SAMAÍN 2021

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que se fixeron no Samaín.

CODEWEEK E SAMAIN 2021

O alumnado de 2º de primaria estivo facendo os seus primeiros circuitos en papel con cinta de cobre, leds e pilas, aproveitando a festividade do Samaín para participar na CODEWEEK (Semana Europea da Programación).

Era a primeira vez que utilizaban a cinta de cobre e gustoulles moito. No video podedes ver o resultado do seu traballo.

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 1 de novembro de 2021 non é día lectivo por ser o “Día de Todos os Santos”, polo que retomaremos as clases o martes 2 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut