Skip to Content

                              

blogue deadmin

MENÚ NOVEMBRO 2023

No arquivo adxunto podedes consultar o menú do mes de novembro.

Formación de RADIO

A radio escolar supón un recurso extraordinario para traballar moitos aspectos do curriculum dun xeito atractivo e motivante para o alumnado. O profesorado do Xuvencos todos os anos fai diferentes formacións para actualizar ou amosar ó profesorado novo como realizar as prácticas de radio na mesa de son. Entre as actividades que realizaron, aproveitando a data de SAMAÍN, fixeron uns relatos de terror con varios efectos de son.

Aquí vos quedan, non pasedes moito medo......

 

Bibliotecas Escolares (B.E.) e presentación do PDI, Xuve saudable

             O dia 25 de outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas. Nesta xornada amosamos ao alumnado o funcionamento da mesma. Ademais os rapaces e rapazas degustaron un delicioso almorzo saudable. Para rematar a xornada o alumnado de 5º e 6º fixo unha representación sobre o proxecto que levaremos a cabo no centro este curso, despois dun duro traballo de investigación ALFIN/ AMI dende as titorías e que ten que ver cos hábitos de vida saudables, o seu nome: "Xuve saudable".

Aquí tedes un pequeno vídeo da recopilación de actividades:

 

Charla: "Que patio queremos". Proxecto TERRA

     Miudiño S.Coop.Galega, ven de celebrar unha charla co alumnado de 3º a 6º de primaria, onde reflexionamos sobre que patio queremos no noso colexio. Intentaron detectar os problemas que mais lles preocupa nese tempo de lecer e nese espazo e buscaron solucións e alternativas posibles.

      A cativada de hoxe en día ten cada vez menos oportunidades de elección, atopándonos cunha infancia cada vez máis dirixida en calquera ámbito da súa vida. Mais sendo, como son, suxeitos de dereito, é necesario darlles ferramentas, tempo e espazo para contribuíren coas súas opinións, desexos e necesidades á hora de intervir nese espazo común que é o patio da escola. Espazo que é maioritariamente empregado por nenas e nenos.

         Por outra banda, tampouco podemos esquecer a gran contribución ao seu desenvolvemento cognitivo, sendo a reflexión, a análise, a comparación de propostas, a toma de decisións, etc, grandes estimuladores das funcións executivas cerebrais, con beneficio tamén, a medio e longo prazo, na súa construción de identidade, ademais de xerar un vínculo fermoso tanto co espazo como coas persoas adultas que acompañan ese proceso.
        O obxectivo final deste obradoiro é dar voz e liberdade de pensamento para poder extraer unhas conclusións a plasmar no plano do espazo, mediante o emprego de diferentes ferramentas en función da idade das persoas participantes.

Aquí tedes un video resumindo esta actividade: 

"Polo correo do Vento": Contacontos sobre CIBERSEGURIDADE

O xoves 5 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP XUVENCOS, aprenderon moito mais sobre CIBERSEGURIDADE e da importancia de ser coidadosos no mundo dixital, grazas a un contacontos musical, levado a cabo por: "Polo correo do Vento", un colectivo especializado en promover a lectura, a comprensión oral en GALEGO e o fomento da creatividade e expresión artística. Os rapaces e rapazas pasárono xenial. GRAZAS

Páxina WEB do colectivo: http://polocorreodovento.blogspot.com/p/pcv.html

Poñendo os lentes para a protección da infancia

O pasado martes 3 de outubro o claustro de Xuvencos participou nunha charla formativa (Poñendo os lentes) para a Prevención da Violencia Sexual contra a Infancia impartida pola asociación AMINO Galicia.
Esta campaña do Consello de Europa trata de concienciar á comunidade educativa da importancia da prevención e detección da violencia sexual en menores.
Recibimos información sobre os indicadores de violencia sexual infantil e pautas de actuación ante unha sospeita ademáis  de material didáctico para traballar nas aulas a prevención.

Para mais información podedes visitar a súa WEB: https://www.aminogal.es/

Video despedida 6º-Curso 22-23

Video despedida do alumnado de 6º do curso pasado. Moita sorte rapazas e rapaces!!!!

MENÚ OUTUBRO 2023

No arquivo adxunto podedes consultar o menú do mes de outubro

MENÚ SETEMBRO 2023

No archivo adxunto podedes consultar o menú do mes de setembro.

VIDEO RESUMO - RECÍCLATE CON SOGAMA

Aquí vos queda un video - resumo de todas as actividades que fixemos no proxecto RECÍCLATE CON SOGAMA do Plan PROXECTA deste curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut